Ánxel Casal Gosende


Categoría: Editor
Data de Nacemento: 17 de decembro de 1895 (†18 de agosto de 1936)
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

Sendo aínda moi novo, emigra a Arxentina en 1909. Pouco despois volve a Galicia e emigrará novamente a Francia. En 1914 preséntase voluntario ó servicio militar. En 1916 únese ás Irmandades da Fala participando na Asemblea de Lugo en 1918. En 1920 casa con María Miramontes Mato. En 1924 funda co seu amigo Leandro Carré a Editorial Lar e en 1925 imprímese a revista Nós. Dous anos máis tarde sepáranse e Casal funda a editorial Nos, que continúa imprimindo a revista Nós. Na imprenta tamén se imprime A Nosa Terra e o diario El Momento. Os intelectuais galegos réndenlle unha homenaxe en 1934 pola súa contribución á cultura galega. En 1936 chega a ser alcalde de Santiago e Vicepresidente da Deputación Provincial da Coruña. Co alzamento contra a República é detido e levado ó cárcere, aparecendo pouco despois o seu cadáver na estrada.

 Obras realizadas

Ánxel Casal editou un catálogo dos libros publicados pola editorial Nós entre 1927 e 1935 como O Mariscal de Ramón Cabanillas, Vieiros de Carballo Calero, Orballo da media noite de Blanco Torres, Cousas, Os dous de sempre, Cincoenta homes por dez reás e Retrincos de Castelao, Beiramar de Cotarelo Valledor, Mar ao Norde de Cunqueiro, De catro a catro de Manuel Antonio, O porco de pé de Vicente Risco, Arredor de sí de Otero Pedrayo e moitos outros.