Luis Iglesias Iglesias


Categoría: Biólogo, médico, escritor
Data de Nacemento: 2 de xullo de 1895 (†29 de decembro de 1977)
Lugar de Nacemento: Teis - Vigo (Pontevedra)
 Currículum

Estudiou Bacharelato en Vigo. En Madrid estudiou Ciencias Naturais e Medicina. En 1918 doutorouse en Ciencias Naturais coa tese Curculiónidos da Península Ibérica e Islas Baleares. En 1919 licenciouse en Medicina na Universidade de Santiago. Luis Iglesias dedicouse á docencia e á investigación entomolóxica. Desempeñou os cargos de decano da Facultade de Ciencias e rector da Universidade e Presidente do Seminario de Estudios Galegos. En 1947 ingresou na Real Academia Galega e leu o discurso Las especies del género Carabus en Galicia.

 Obras realizadas

Algúns dos traballos máis importantes de Luis Iglesias son: Algunas especies nuevas o poco conocidas para la fama ornitológica de Galicia, Reconocimiento de tejidos vegetales por reactivos microquímicos, Los prados de las regiones media y montaña de Galicia, Descripción de tres yacimientos gallegos de evansita, La lucha antiacrídica, Fauna de Galicia I. Cerambícidos de Galicia II. Especies del género "Carabus" en Galicia, Variabilidad por fluctuación de las manchas elitrales de "Crioceris asparagi", Biología de los parásitos del hombre.. . Luis Iglesias tamén colaborou na Historia de Galiza, de Otero Pedrayo, escribindo a parte de Zooloxía.