Cursa o Bacharelato en Lugo e obtén a licenciatura en Farmacia en Santiago en 1901.En 1899 inicia a actividade de periodista político abogando pola República e poñéndose a favor dos obreiros e as súas reivindicacións.Hacia 1904 publica artigos en distintos periódicos liberais e republicáns. Colabora tamén en El País e en Tierra Gallega.En 1908 viaxa a La Habana onde consegue abrirse camiño como periodista. Dirixe Diario Español e algunhas revistas como Follas Novas e Alma Gallega.En 1910 regresa a Galicia como corresponsal do Diario de la Marina de La Habana. Fixa a súa residencia na Coruña e entra como redactor na Voz de Galicia.En 1916 é elixido presidente da primeira Irmandade dos Amigos da Fala.En 1934 ingresa na Real Academia Galega cun discurso titulado O sentimento liberal na Galiza.
Ademais das súas colaboracións e publicacións en diversos periódicos, publicou en 1920 o drama Entre dous abismos e a novela Almas mortas en 1922.En 1926 escribiu O mariscal xunto con Ramón Cabanillas. Durante estes anos publicou tamén moitos artigos en Galicia e El Pueblo Gallego.En 1935 publica Os evanxeos da risa absoluta e Noiturno de medo e morte.