Ramón Reimunde Noreña


Pseudónimo:Marcos Loureiro
Categoría: Profesor, escritor e empresario
Data de Nacemento: 18 de abril de 1949
Lugar de Nacemento: San Martiño de Mondoñedo, Foz (Lugo)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Realizou os seus estudios primarios na súa aldea natal e o Bacharelato no Colexio Corazón de María (Padres Claretianos) de Xixón. Estudou dous anos de Enxeñería Naval en Oviedo e Madrid, Náutica na Coruña e Filoloxía en Santiago. É piloto e capitán de Mariña Mercante (1978), licenciado en Filoloxía Hispánica (1979) e en Filoloxía Galego-Portuguesa (1982). En 1981 foi nomeado profesor agregado de Lingua e Literatura Galega e en 1992 accedeu á condición de catedrático de Lingua Galega. Ten navegado por tódolos mares do mundo como oficial, desde 1972 ata 1979, en barcos españois e estranxeiros. É profesor e xefe de seminario na ensinanza pública desde 1979, con destinos en Viveiro, Lugo e Foz. Desde 1980 compaxina este labor coa de empresario forestal, dirixe a empresa Reimunde SAT.
É membro da Academia Galega da Lingua Portuguesa.

 Obras realizadas

PUBLICACIÓNS:
‘Poesía completa de Leiras Pulpeiro’, Sotelo Blanco (1984), ‘Trebón’ de Armando Cotarelo, Agal (1984) e ‘Ben pode Mondoñedo desde agora’, El Progreso, (1984) (XII Premio "Ánxel Fole").
PUBLICACIÓNS COLECTIVAS:
‘Comentario de textos literarios’, Alhema (1986), ‘Os escritores lugueses arredor de Fole’, Concello de Lugo (1986), ‘Actividades de léxico, expresión oral’, Bahía (1990) e ‘Actas de los Congresos I, III e IV de AGAL (1987-91)’.
Tamén realizou a edición de ‘Contos para nenos’, ‘Costumes antigos de Galiza’ de Leiras (1999) e a tradución de ‘Mafalda’, Souto (1985).
Escribiu artigos en diversas revistas e nos xornais El Progreso e La Voz de Galicia e deu conferencias sobre literatura galega.

 Outros datos de interese

Foi membro dos consellos de goberno de AGAL e da Asociación Forestal de Galicia. De ideoloxía galeguista, vive unha vida tranquila e familiar en Valadouro, apartado do mundanal ruído.