Juan Jacobo Durán Loriga


Categoría: Matemático
Data de Nacemento: 17 de xuño de 1854 (†3 de decembro de 1911)
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

Con quince anos ingresa na Academia de Artillería, pero uns anos máis tarde abandona o exército por motivos de saúde. A gran dedicación ás Matemáticas e os seus numerosos estudios proporcionáronlle gran fama como científico tanto en España coma no estranxeiro. Foi membro da Real Academia das Ciencias e da Real Academia Galega, aínda que non puido le-lo seu discurso de ingreso por sobrevirlle a morte.

 Obras realizadas

Juan Jacobo Durán Loriga publicou numerosos traballos, entre os que destacan Notas sobre geometría del triángulo, Tablas balísticas para el tiro directo, Sobre la potencia del triángulo, Notas matemáticas sobre la correspondencia y transformaciones geométricas, Teoría elemental de las formas algebraicas, Nota sobre las funciones simétricas, Sobre un problema de Física, Sobre una curva trascendente... Ademais presentou outros traballos en conferencias e congresos. Colaborou tamén con artigos en diversas revistas españolas e estranjeras como Gaceta de Matemáticas, Science (Nueva Iorque), Periódico de Matemática (Italia), Archiv des Mathematik und Physik (Alemania), De Vriend der Wiskunde (Holanda), Nouvelles Annales de Mathematiques (Francia) ou Jornal de Sciencias Mathemáticas e Astronómicas (Portugal).