Inicia as súas actividades artísticas en agosto de 1993. 1996. Fundación Sotelo Blanco (Santiago de Compostela) e Círculo das Artes (Lugo). 1997. Certame “Primer encuentro con la música” da Cidade de Lugo, promovido pola Asociación de Artistas da que é membro e exposición ó aire libre (Avenida Juan XXIII-Santiago) de escultura en bronce no marco do proxecto Galicia Terra Única. 1998. VI Certame de Artes Plásticas Cidade de Lugo. 1999. Hostal dos Reis Católicos de Santiago de Compostela e Pazo de Congresos de Santiago de Compostela. Exposición permanente durante o ano Xacobeo 1999 e o ano cultural 2000. 1999-2000.- VII Certame de Artes Plásticas Cidade de Lugo. 2001.- Parador Nacional de Turismo de Vilalba (Lugo). 2002.- Exposición permanente de varias pezas no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela e instalación e exposición ó aire libre dunha escultura de ferro de 2'73 metros de altura na colina do Memorial de Añoranzas Pedras Cobreiras ubicado en Buxán de Cícere-Santa Comba (A Coruña). A obra é unha homenaxe a Vinicius de Moraes, Tom Jobim e Badem Powell por desexo dos pobos oficialmente irmandados Río de Janeiro-Santa Comba. 2003. Participa como artista invitado e orador nas Conferencias sobre a “Imaxe do Home” e “Os Camiños da Arte”, encadradas no “VI Congreso internacional de Caminería Europea” celebradas en L’aquila (Italia) en maio de 2003, presentando e instalando unha escultura en bronce e pedra e Colocación dunha escultura ó aire libre en Val do Dubra. 2003-2004. Exposición colectiva no Centro Sociocultural de Fontiñas (Santiago de Compostela). 2004. Autor do libro “El Arte como reflexión. La Puerta de la Luz” e exposición colectiva “Lembrando a Dalí”, con outros 39 artistas na sala da Fundación Araguaney de Santiago de Compostela. 2005. Certame de Escultura “Ciudad de Cádiz” e Certame de Escultura “Ciudad de Ávila”. 2006. Certame de escultura co gallo do 750 aniversario do “Fuero de Soria” e Certame de escultura “Caja de Extremadura en Plasencia” (Cáceres). 2010. Escultura pública “La puerta de la Luz” en zona comercial e axardinada do Camiño Francés - Barrio As Cancelas de Santiago de Compostela.