Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid ten tamén a diplomatura en medios audiovisuais. Comezou a súa actividade profesional no xornal El Progreso de Lugo, no que foi xefe de redacción e director-adxunto. Durante doce anos foi correspondente do xornal El País, aínda que colaborou noutros medios como Radio Lugo Cadena Ser, Pueblo e Cambio 16, entre outros. En 1994 incorpórase ó Grupo Voz como delegado provincial en Lugo. Foi director e conductor da tertulia de Radio Voz "Camiño de Volta", a única tertulia de actualidade política da radio galega. En 1999 foi nomeado director de La Voz de Galicia, e foi director de Proxectos Editoriais do Grupo Voz. Na actualidade é o editor da revista Trasluz.
Ten publicados os libros Cien años e La memoria ajena. Pronunciou conferencias e ten participado en xornadas, seminarios e congresos en España e no estranxeiro sobre comunicación.
Creou a Oficina de Comunicación da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Lugo e dirixiu a publicación empresarial "Cámara". Foi membro do relatorio de Comunicación do Consello da Cultura Galega.