Licenciado en Xeografía e Historia (UCM), especialidade de Prehistoria e Etnoloxía.
Licenciado en Antropoloxía Social e Cultural.
Diploma de Estudos Avanzados en Arqueoloxía (USC).
Mestre en Arqueoloxía (Universidade do Porto).
Participou na revisión das cartas arqueolóxicas municipais de máis de cincuenta concellos galegos, leoneses e manchegos. Formou parte das equipas que escavaron nas cidades da Coruña, Santiago, Évora e Lugo, no acampamento romano da Ciadella, no círculo lítico da Mourela, nos castros de Pena Redonda, Elviña, San Cibrán de Las...
Dirixiu intervencións de urxencia en Iria Flavia, en Vila Franca de Xira, en Los Rediles de Cuenca, no Hostal dos Reis Católicos, no castro de Chandebrito e no Mosteiro de Samos. Traballou durante mais de vinte anos como arqueólogo profesional e sete como antropólogo cultural no norte de Portugal, realizando estudos sobre o patrimonio afectado pola construcción de encoros nos rios Sabor, Ocreza e Tua.
Recibiu varios galardóns polos seus traballos de investigación no ámbito das Ciencias Sociais: Premio Pedra do Destino, Premio Vicente Risco, Premio Fermín Bouza-Brey, Premio Cátedra, Premio Raigame, Premio Ferro Couselo...
Ten publicado numerosos traballos científicos e de divulgación, así coma os seguintes libros:
-Arte relixiosa popular na Terra de Valga (2002),
-A pesca tradicional nos rios de Galiza (2008),
-Ángel del Castillo: inventario de la riqueza monumental y artística de Galicia. Estudios introductorios (2008),
-A cultura tradicional da amêndoa no Douro Superior (2013),
-Tecnologia tradicional do sumagre (2013)
-Arqueologia da Indústria Moageira em Castelo Branco (2018)
-Os torques ártabros. Arqueoloxía e contextos para o ouro galaico (2020).
Desde hai máis de tres décadas traballa como investigador independente no estudo e na valorización do patrimonio cultural galaico-portugués. Coordenou os proxectos ARPIGAL, MEREBACO e LATERCO. Actualmente (xuño 2021) dirixe o Proxecto CORGORAL: recolla, documentación, estudo e salvagarda do Patrimonio Cultural Inmaterial no concello do Corgo.