Ermelindo Portela Silva


Categoría: Escritor e profesor
Data de Nacemento: 1947
Lugar de Nacemento: A Garda (Pontevedra)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciado con grado en Filosofía e Letras (1970). Doutor en Historia (1975). Bolseiro de investigación do Ministerio de Educación e Ciencia (1971-74) e da Fundación Juan March (1997-78). Profesor adxunto de Historia Medieval da USC (1970-78). Profesor adxunto numerario de Historia Medieval Universal e de España da Universidade de Extremadura (1981-82). Catedrático numerario de Historia Medieval da Universidade de Santiago (desde 28 de abril de 1982). Foi investigador principal de proxectos financiados pola Dirección Xeral de Investigación Científica e Técnica do Ministerio de Educación e Ciencia, sen solución de continuidade, desde o ano 1991. Foi invitado polas principais universidades españolas, o Consello Superior de Investigacións Científicas, a Casa de Velázquez, a Universidade de Porto (Portugal) e a Université du Maine (Le Mans, Francia), para dictar conferencias, dirixir seminarios de investigación ou impartir cursos de terceiro ciclo. Premio de Investigación da Xunta de Galicia no ano 1995.

 Obras realizadas

Autor ou coautor, entre outros, dos seguintes libros:
La región del obispado de Tuy en los siglos XII a XV. Una sociedad en la expansión y en la crisis (1976).
La colonización cisterciense en Galicia (1981).
La introducción del Císter en España y Portugal (1991).
La idea y el sentimiento de la muerte en la historia y en el arte de la Edad Media (1992).
De Galicia en la Edad Media. Sociedad, Espacio y Poder (1993).
El reino de León en la Alta Edad Media. VII (1995).
Antroponimia y sociedad. Sistemas de identificación hispano-cristianos en los siglos IX al XIII (1995).
Publicou, ademais, unha larga serie de artigos en revistas científicas e actas de congresos nacionais e internacionais, do que o principal fío conductor é a exploración, preferentemente no marco de Galicia, da historia social nos séculos centrais da Idade Media.
Dirixiu, ata o momento, doce teses doutorais.
Participou como relator invitado, en numerosos congresos científicos nacionais e internacionais.