É doutor enxeñeiro de montes pola Universidade Politécnica de Madrid. Máster en Ordenación do Territorio pola Universidade Politécnica de Valencia. É funcionario de Carreira do Corpo Especial de Enxeñeiros de Montes do Estado. Foi subdirector xeral de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. Foi director e é profesor titular da Escola de Enxeñeiros Técnicos Forestais. É director do grupo de investigación "AF-4" da Universidade de Vigo.
Realizou obras docentes de investigación ou profesionais relacionadas co medio ambiente, co sector forestal, a ordenación dos recursos naturais e a planificación física.
Conselleiro do Consello Asesor do Centro de Investigación e Servicios da Madeira (CIS-Madera) de Galicia dende 1999.
Membro do Comité Consultivo Permanente de Medio Ambiente da Comisión Europea dende 1999.
Nomeado Experto do Consello Económico e Social do Consello de Europa dende 2000.
Vicepresidente 1º da Asociación Galega para a certificación forestal dende setembro de 2003.
Membro do Comité Consultivo Permanente de Bosques e Corcho da Comisión Europea dende 2004.
Membro do Consello Forestal de Galicia en representación da Universidade de Vigo dende 2005.