Alfredo Sánchez Carro


Pseudónimo:Alsanca
Categoría: Profesor, escritor e político
Data de Nacemento: 13 de agosto de 1933
Lugar de Nacemento: Campo de Caso (Asturias)
 Currículum

É mestre nacional. Foi director do Colexio de Paradai (Lugo). Traballou como xornalista en El Progreso de Lugo e como técnico de Radiodifusión en "Radio Lugo". Foi deputado provincial durante 12 anos en Lugo e tenente de alcalde durante 5 anos. Ocupou os cargos de: delegado provincial do Ministerio de Información e Turismo, delegado de presidencia da Xunta de Galicia en Lugo, director xeral de Interior, Secretario Xeral da Presidencia da Xunta de Galicia, presidente do "Club Ancares" e presidente de "Amigos de la Muralla de Lugo". Foi o promotor do Albergue de Picos de Ancares e formou parte das Comisións Universidade-Deputación para a creación do Campus de Lugo. Foi o fundador de "Orden Serenísima de la Alquitara" e "Domingos Folclóricos" de Portomarín.

 Obras realizadas

É o autor dos libros: La Mariña de Lugo; El parque natural de Ancares; El cañon y la Ribeira Sacra del Sil e Villalba y la Terra Cha.

 Outros datos de interese

Ten unha rúa en Portomarín. É o creador do slogan: "...Y para comer, Lugo". Recibiu o premio de "Mesonero Mayor Honorario de la Provincia de Lugo" e a "Medalla de Prata ó Mérito na Hostalería", e a "Encomienda Nacional del Ecuador".