Pouco se sabe da vida deste xograr galego, presumiblemente de Vigo. Del conservamos sete cantigas de amigo do tipo tradicional. De seis delas consérvase a música, o que as converte nun caso excepcional na nosa lírica profana medieval.
Aquí temos unha cantiga de Martín Códax:
"Ondas do mar de Vigo,
se vistes meu amigo,
e, ai Deus, se verra cedo!
Ondas do mar levado,
se vistes meu amado,
e, ai Deus, se verra cedo!
Se vistes meu amigo,
o por que eu sospiro,
e, ai Deus, se verra cedo!
Se vistes meu amado,
o por que ei gran coidado,
e, ai Deus, se verra cedo!"
Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no ano 1998.