Aínda que naceu en Madrid, veu á Coruña con seis meses e alí naceron os seus outros irmáns. Ós vinteún anos obtivo a súa licenciatura en Dereito pola Universidade de Santiago. Traballou como locutor en Radio Coruña, desde que se fundou en 1934. Neste mesmo ano foi nomeado director de RNE na Coruña, cargo que desempeñou ata o seu falecemento.A retransmisión futbolística foi unha das súas paixóns, traballando durante case trinta anos con Matías Prats.Foi tamén un gran debuxante de motivos taurinos. Casou con Mª Carmen Lage e tivo sete fillos.
Ademais do seu labor como locutor de radio, pronunciou numerosas conferencias e escribiu un libro póstumo, titulado La jugada final (unha selección de comentarios deportivos publicados en diversos periódicos) e outro que non chegou a finalizar titulado Por el mundo detrás de un balón.
Enrique Mariñas recibiu numerosos premios pola súa actividade como locutor e condecoracións como A medalla de prata ó mérito deportivo, As cruces do mérito militar e naval e A medalla de prata ó mérito no traballo.