Medra e pasa a súa adolescencia rodeado de esculturas, vendo traballar ó seu pai dende un modesto estudo-taller na rúa Escudillers do barrio Gótico de Barcelona, ata o seu estudio actual na cidade de Vigo. En 1993 ingresa na Facultade de Belas Artes, que compaxina con estudios de Psicoloxía e o traballo de aprendiz no estudio do seu mestre, o escultor Pedro Dobao, co que traballa e colabora como axudante na realización de monumentos e esculturas de gran formato, da máis diversa temática, materiais e técnicas empregadas ó longo da xeografía galega, á vez que realiza prácticas de fundición nunha empresa de Vigo.
En 1997 participa na exposición, “Galicia Terra Única”, cunha escultura en aceiro inoxidable de dous metros de altura, que se situou temporalmente na alameda de Pontevedra. En 1998 traballa de profesor de ensinanza secundaria, impartindo a materia “Educación Plástica e visual” nun colexio da cidade olívica. En 1999 participa na creación do programa “Arte e Natureza” e na creación e organización do I Simposium Internacional de escultura do Alba, no que tamén participará cunha escultura en pedra titulada “Natureza e Cultura”, ubicada no mirador do monte Alba en Vigo. No ano 2001 é seleccionado para participar no X Simposium Internacional de escultura en pedra de Galilea, representando a España coa obra «Arquitectura do Sol», ubicada nun espacio urbano de Ma´lot, Galilea, Israel.
Bibliografía máis destacada:
Galicia Terra única, A escultura Galega Actual en Galicia, Xunta de Galicia, 0utubro (1997), Artistas de Galicia, Xunta de Galicia (2003) e Enciclopedia Galega Universal, Editorial Ir indo, Tomo 7 (2002).