
 Currículum
 CurrículumEstudiou a carreira de Medicina en Santiago, aínda que fixo a súa licenciatura e o doutoramento en Madrid. Ampliou estudios en París e en 1910 xa tiña consulta na súa cidade natal. Foi un médico moi coñecido e famoso na cidade. Participou nunha sociedade asistencial, que cobraba unha cantidade ridícula ós seus abonados, e traballou nesa empresa moito tempo para que a xente sen recursos tivera asistencia. Ó mesmo tempo atendía gratuitamente no dispensario antituberculoso da rúa do Sol e no Sanatorio de Oza.
 Obras realizadas
 Obras realizadasPublicou máis dun cento de traballos médicos.
 Outros datos de interese
 Outros datos de intereseFoi membro de varias sociedades científicas e presidente do Círculo de Artesáns. Foi o primeiro médico da cidade que usou raios X.