Enrique Gómez Giráldez


Categoría: Ecoloxista, xornalista, escritor, crítico de arte.
Data de Nacemento: En 1952
Lugar de Nacemento: Cañiza (Pontevedra)
 Currículum

Comezou no mundo do xornalismo en Radio Popular de Vigo con Jaime Cross, Manolo Yelamo, Gerardo Rodríguez, Gerardo González, Keka Merino e Fernando Ramos. Colaborou, con distintos pseudónimos, en Faro del Lunes, Faro de Vigo, El Pueblo Gallego e distintas revistas especializadas en arte. Posteriormente traballou para El Pope, Informe Galego e Radio Voz. En Radio Voz fixo o programa do Deporte Base de Vigo, maila súa comarca, no programa de Deportes participado por Cholo Durán e Antonio Saborido; máis adiante, nesta mesma Radio, participou no Debate de Vigo en Voz Alta, moderado pola xornalista Esther López. Na actualidade é o xefe de redacción do xornal El Foro Metropolitano e xefe de Relacións Externas do Grupo de Ecoloxía Científica GECMA.
Especialista en mercadotecnia, escritor, crítico de arte e pintor. Empezou debuxo no ano 1969 co pintor e catedrático Anxo Sevillano. Asistiu a diferentes cursos e másters en Sttutgart (Alemaña) e París (Francia). Participou en varias exposicións colectivas en Madrid e Barcelona. En 1982 expuxo na Bienal Internacional de Arte de Pontevedra. En 1984 realizou unha exposición individual na Caixa de Aforros Municipal de Vigo e expuxo no IV Festival da Poesía no Condado Ponteareas do 14 ó 20 de maio de 1984).
Naquel tempo foi asiduo ás conversas do “Elixio” e a “Viuda”, nas que participaban, entre outros, Celso Emilio Ferreiro, Colmeiro, Lodeiro, Laxeiro, Urbano Lugrís, Manolo Forcadela, Bernardino, Neira Vilas, Eirabella, Caamaño, Mario Granell, Anxo Sevillano, Xosé Guillermo, Antonio Palacios, Diego de Giráldez, Santiago Montes, Mercedes Ruibal, Ángel Huete, Mantecón, Fanchuco, Cachi, Eduardo González... Foi precisamente este grupo, dirixido por Enrique Gómez Giráldez -Tito Gómez Giráldez- ou Enrique Gómez e apoiado polos xornalistas Francisco Gil e Fernando Franco, o que evitou que se derruíra o antigo Palacio de Xustiza de Vigo -e cárcere de Vigo-, para convertelo en Praza, e lograr desta maneira que se construíra o actual Museo de Arte Contemporáneo de Vigo “MARCO”.

 Obras realizadas

Como escritor, é autor de distintos libros sobre pintores: “El Vuelo de la Mente”, “Diego de Giráldez de Pontevedra al Mundo”, “A Realidade e o seu Espello” (editado en Editorial Nigra S.L. en galego e castelán)”. Neste último libro colaboraron con el: Carlos Casares, Costa Clavell, Soletura, Ramón Faraldo, Antón Fraguas, García Sabell, Filgueira Valverde, Santiago Amón, Sergio Mourâo, Margarita Rúas, Sanchidrián, Pérez Calero, Gavira, González Ortiz, Antón Castro, Vinardell, Osuna Ruiz, Almodóvar Azorín, Verdera Franco, Amiguetti Sánchez, Jesús Guerra, Francisco de Pablos, Perozo, Ilarri Junquera, Armesto Fajinas, Lalo Vázquez Gil, J. A. Sánchez García, Fraga Iribarne, Rajoy, Pando... Colaborou en distintos libros de contos infantís.

En política, participou na clandestinidade con: Leopoldo García Ortega, Paco Osorno, Vaquero e posteriormente con Manolo Espárrago, na fundación do Partido Socialista Obreiro Español en Vigo, no que ostentou distintos cargos orgánicos. Posteriormente, politicamente - home de centro esquerda -, colaborou con distintas executivas do PS de G-PSOE, en distintos ámbitos xeográficos: Galicia – Responsable de Medio Ambiente con Antolín Sánchez Presedo -, Pontevedra con Suso Tallón, Vigo – Responsable de Formación e Institucional... Na actualidade é Delegado Comarcal do PSdeG – PSOE na Comarca de Vigo.
Responsable de seguridade na manifestación pro Estatuto de Autonomía de Galicia.
Realizou distintos relatorios e traballos sobre ecoloxía e medio ambiente.
Foi responsable de propaganda, en distintas campañas electorais.
Foi encargado, pola executiva do partido (PSdeG – PSOE) de reflotar a Agrupación Socialista da Cañiza no ano 1987.

No eido social, participou en distintas asociacións: Secretario da Asociación de Veciños Camiño Vello de Coia, Vogal na Asociación de Veciños do Casco Vello, Presidente do Grupo de Ecoloxía GEMA, Secretario da Asociación Gran Vigo, Xefe de Relacións Externas do Grupo de Ecoloxía Científica GECMA etc..

Crítica de Arte sobre a súa obra pictórica: No libro correspondente ó Festival da Poesía no Condado, limiar feito por Xosé Luís Méndez Ferrín, na páxina 149 din de Tito Gómez Giráldez: “Enrique Gómez é un excelente debuxante. Non é surrealista nin sequera á maneira que podería selo un debuxante que se propuxera facer figurativas as invencións máxicas de Miró. É sinxelamente un alterador da coherencia cotiá se é que o cotián é coherente, pero nunca un subversor das cousas como foron os surrealistas históricos. Os cadros de Enrique Gómez son tan coherentes como os máxicos gravados de Miró e nada digamos respecto a os épicos carteis de Picasso.

Eido Sindical: Foi un dos fundadores da UXT na clandestinidade. Creou a sección da UGT no Corte Inglés de Vigo en decembro de 1975, e coordinouna a nivel nacional uns anos despois, etc... Ademais, foi responsable de distintos cargos orgánicos dentro do sindicato.

 Outros datos de interese

En 1989 concedéronlle o Premio Ecoloxía Galicia.