Emilio Valiño del Río


Categoría: Avogado e profesor
Data de Nacemento: Maio de 1941
Lugar de Nacemento: Lugo
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Estuda bacharelato no Colexio Fingoi de Lugo.

1963. Licenciado e Graduado en Dereito na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.

1965. Estudos no 'Goethe Institut' en Alemania e na Universidade de Hamburgo.

1967. Doutor en Dereito con premio extraordinario na Universidade de Navarra.

1968 e 1969. Cursos de Dereito na Universitá di Roma e no 'Istituto internazionale per l’unificazione del Diritto privato'.

 

ACTIVIDADES REALIZADAS.

1963-64. Profesor axudante de clases prácticas na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.

1964-65. Profesor adxunto interino na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.

1965-1967. Profesor axudante contratado da Facultade de Dereito da Universidade de Navarra.

1968-69. Secretario do Instituto xurídico español en Roma.

1970-73. Profesor adxunto contratado na Facultade de Dereito da Universidade de Navarra.

1973-74. Profesor agregado por oposición na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.

1974 ata hoxe. Catedrático na Facultade de Dereito da Universidade de Valencia.

Dende a súa xubilación en 2011 foi profesor emérito durante seis cursos académicos, ata 2017.

1975-1979. Vicedecano da Facultade de Dereito da Universidade de Valencia.

1975-1997. Director do Colexio universitario CEU San Pablo, nomeado polo Rector da Universidade de Valencia.

Profesor visitante da Universidade católica de Valparaíso (Chile).

 Obras realizadas

Recensións en español e italiano sobre varios libros.

TRADUCCIÓNS publicadas: LUIGI DE LUCA, Il concetto di legge nel Decreto di Graziano, publicado en IVS CANONICUM 1967. RUDOLF VON JHERING, Law in daily life (Valencia 1992); J. DENOYEZ, Le senatus-consultum Juventien, Málaga 1996.

Inéditas: RABEL, Ein Ruhmesblatt Papinians. H.KRELLER, Das Rechtsinstitut der Stellvertretung. H.F.JOLOWICZ, Roman Foundations of Modern Law. R.STAMMLER, Aufgaben aus dem röm. Recht. P.HUVELIN, Histoire du Droit commercial romain.

 

LIBROS:

1. 'Acciones pretorias complementarias de la acción civil de la ley Aquilia', Pamplona 1973.

2. 'Actiones utiles', Pamplona 1974. Premio Raimundo Lulio del Consejo Superior de investigaciones científicas en 1974.

3. '110 casos de Derecho romano y otros ejercicios prácticos', Valencia 1976, 1979 e 1981: tres edicións distintas.

4. 'El comentario de Gayo al Edicto provincial', Valencia 1979.

5. 'Trazos esenciales de Derecho romano', Valencia 1992.

6. 'Instituciones de Derecho privado romano', Valencia, última edición de 1994.

7. 'Vocabulario jurídico portugués-español' (Valencia 1996).

8. 'Índice delle fonti degli Scritti di D. Romano di S. Solazzi (Jovene, Napoli 1996).

9. 'Prólogo a Eladio BALLESTER, Derecho de sucesiones', 1987.

 

ARTIGOS: varios en revistas españolas e estranxeiras.

 

CONFERENCIAS:

1. 'Perspectivas sobre la Constitución española en Universidad de la República' (Montevideo 1979).

2. 'El concepto de derecho subjetivo y el de acción' (Valparaíso 1979).

3. 'La separación de hecho del matrimonio' (Valparaíso 1980).

4. 'El arrendamiento a largo plazo o perpetuidad' (Bos Aires 1980).

5. 'Los principios relativos a los contratos del comercio internacional' (Ávila 1996).

6. 'El contenido de la venta con reserva de dominio' (Pontevedra 1998).

Varias conferencias sobre temas xurídicos en universidades españolas.

Avogado do Ilustre Colexio de Valencia (ICAV).

Intérprete xurado de inglés, francés, italiano, portugués e catalán dende hai máis de 30 anos.

- Diccionario xurídico inglés-español e español-inglés (425.000 entradas en cada lingua). Inédito.

- Diccionario xurídico italiano-español e viceversa (270.000 entradas en cada lingua). Inédito.