Esperanza Lema Bouzas


Categoría: Pintora e Escultora
Data de Nacemento: 13 de maio de 1943
Lugar de Nacemento: Reis - Teo (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

Estudou o bacharelato no colexio das Trinitarias de Noia, onde asistiu a clases privadas de debuxo e pintura. Máis adiante cursou estudos no Colexio San Pelaio de Santiago de Compostela e no Instituto Rosalía de Castro da mesma cidade, onde tivo como profesor de debuxo a Rodríguez Carballo. Moi nova deixou toda a actividade artística ata que foi vivir a Vigo coa súa familia Alí matriculouse na Universidade Popular (antiga Escola de Artes e Oficios Artisticos) na disciplina de talla en madeira. Mentres, volveu pintar pola súa conta e traballar o óleo cos consellos impagables do pintor Xavier Pousa Carrera.

 Obras realizadas

En 1975, tres cadros seus foron presentados na VII Exposición de Pintura para Artistas non Profesionais, organizada na Coruña polo Centro de Iniciativas e Turismo, onde acadou a terceira medalla co cadro tituado ‘Aldea’. En 1978 e 1979 foi seleccionada con dous cadros para participar no I Concurso de Arte xoven Galego, que organizaba en Vigo o Corte Inglés. En 1979 tamén participou cun cadro na V Bienal Nacional de Arte de Pontevedra e entre novembro e decembro fixo a súa exposición individual na sala do Real Club Náutico de Vigo. En 1980 levou a súa obra ó Centro Galego de Ponferrada (León). En l981 participou no noveno ciclo de Plástica Galega, organizada pola Caixa de Aforros de Vigo nesta cidade e fixo unha exposición individual na Aula de Cultura da Caixa de Aforros de Galicia en Santiago de Compostela. Posteriormente, unha enfermidade grave tívoa apartada da pintura por uns anos ata que en 1988 expuxo en Pontevedra na Sala de Arte da Caixa de Aforros de Pontevedra. En 1990 volveu a Santiago de Compostela coa su obra á Sala de Exposicións da Caixa Postal e tamén expuxo as súas obras na Sala do Museo Valle Inclán de Poboa do Caramiñal e formou parte da I Bienal de Pintura ‘José Luis Fernández’ de Boiro. En 1991 expuxo a súa obra no Centro Galego de Salamanca e un ano despois participou nunha exposición colectiva de oito artistas europeos en Nova Iorque. En 1993 participou na exposición colectiva organizada pola Fundación Feiras e Congresos da Estrada, co nome de I MOSTRA DE ARTES PLÁSTICAS, volveu a Vigo coa súa obra á Sala de Arte de Caixa Vigo e expuso na Sala de Arte Maë de Auga en Braga (Portugal). Desde setembro de 1994 ata maio de 1995 participou na exposición itinerante organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos e en 1995 expón na Sala de Arte AENA de Barajas en Madrid. Ó ano seguinte, realizou unha exposición homenaxe ó seu sogro en Ferreira de Pantón (Lugo) e posteriormente expuso no Centro Social de Padrón (1997) e na Sala de Arte de Expo Salnés en Cambados e na Sala do Hotel Araguaney de Santiago de Compostela (1998).

 Outros datos de interese

Dende 1998, unha doenza nos ollos impediulle seguir traballando na pintura pero recuperou a talla en madeira e pedra, sen olvidar o modelado en barro. Trala operación nun ollo e recuperar un pouco de visión, está de novo pintando. Nos seus traballos non usa o seu nome na firma, só pon Lema Bouzas na pedra, na madeira asina como Esperanza e nos traballos de barro como MEL (Mª. Esperanza Lema).