Elena Otero - Novas Miranda


Data de Nacemento: 6 de novembro de 1968
Lugar de Nacemento: Lugo
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Estudos primarios e secundarios no Colexio San Pablo CEU de Montepríncipe, de Madrid, con media de Sobresaínte.

Xulio de 1986, curso equivalente ó COU español: Colexio St. Andrew's School, de Estados Unidos de Norte América, gracias a unha bolsa da organización ASSIST; onde se gradúa con “Honores” (cum laude).

Xuño de 1991: Licenciada en Dereito na Universidade Complutense de Madrid, con Premio Extraordinario da súa promoción.

 Obras realizadas

Avogacía do Estado:

En maio de 1993, ingresa por oposición no Corpo de Avogados do Estado.

Ocupou diversos cargos entre 1993 e 2005 na Avogacía do Estado: Avogado do Estado en Barcelona, Avogado do Estado-Xefe, na Asesoría Xurídica do Instituto Nacional de Estatística, Avogado do Estado-Secretario do Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Madrid, Avogado do Estado ante os Xuzgados e Tribunais de Madrid na orde social y na orde penal. Dende xaneiro de 1998 e ata marzo de 2005 ocupou o cargo de Avogado do Estado ante a Audiencia Nacional, onde se ocupou de asuntos contencioso-administrativos (fiscais, Competencia, Mercado de Valores, Banco de España, Seguros, outros da órbita do Ministerio de Economía) e penais (delitos fiscais).

. Dende marzo de 2005 e ata o 31 de maio de 2012, foi Avogado do Estado ante o Tribunal Supremo.

 

Exercicio Privado da Avogacía:

. Dende 1996 e ata o maio de 2012 compatibilizou o cargo de Avogado do Estado co exercicio privado da profesión de Avogado, fundamentalmente no ámbito empresarial.

. Dende decembro de 2004 e ata novembro de 2012 ocupou a Secretaría dos Padroados da Fundación Universitaria San Pablo CEU e as súas Universidades (Universidad San Pablo de Madrid, Universidad Cardenal Herrera de Valencia, Universidad Abat Oliba de Barcelona). Dende marzo de 2007 e ata maio de 2012 engadiu a ditas funcións as de Secretaría Xeral da institución.

. Dende xuño de 2012 asume os cargos de Secretario Xeral do Consello e Directora Xeral de Asesoría Xurídica do Grupo empresarial Sacyr, empresa constructora e de servizos cotizada en España (forma parte do IBEX 35). Da Asesoría Xurídica do Grupo dependen as distintas Asesorías das diversas ramas de negocio que se integran no mesmo. Cargos que segue desempeñando na actualidade.

 Outros datos de interese

Autora de numerosas ponencias e artigos sobre temas xurídicos e sociais.

Nivel moi alto en inglés e francés (Certificate of Proficiency in English da Universidade de Cambridge e Certificat de Niveau Superieur da Universidade da Sorbona).

Patrono da Fundación Universitaria San Pablo CEU e das súas Universidades.

Está casada e ten 3 fillos.