A súa familia trasládase a Madrid cando era moi mozo. Estudia Dereito e licénciase con 19 anos. En 1877 abre o seu propio despacho e en 1883 é elixido deputado. En 1892 ocupa o cargo de subsecretario do Ministerio da Gobernación. En 1899 desempeña a carteira de Gobernación e máis tarde será ministro de Gracia e Xustiza. En 1907 ocupa a alcaldía de Madrid. En 1913 o rei encárgalle a formación de Goberno, ocupou a presidencia do Goberno en 1917, foi ministro de Estado en 1918 e presidente do Consello de Ministros en 1920 (ano no que foi asasinado).
En 1910 ingresa na Real Academia de Ciencias Morais e Políticas. Foi membro do Tribunal Permanente de Xustiza de La Haya (chegando a vicepresidente en 1913), membro do Instituto Internacional de Dereito, administrador do Banco Hipotecario, presidente do Instituto Nacional de Previsión, do Consello de Instrucción Pública e da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación. O rei concedeulle o ducado de Dato con grandeza de España. Entre as condecoracións que ten destacan o Colar da Orde de Carlos III e a gran cruz de San Gregorio Magno e Cristo de Portugal.