Dositeo Iglesias Docampo


Lugar de Nacemento: Triacastela (Lugo)
 Currículum

Emigrou a Vizcaia, onde en 1912 iniciou as súas actividades políticas. Exiliouse a Francia e en 1916 incorporouse ó movemento socialista sindical que se converteu no Partido Comunista Francés, sendo nomeado membro do Comité de Radio 3 en París. En 1926, foi expulsado de Francia e despois marchou á URSS. Ó regresar a España, foi detido e procesado de prófugo, tendo que cumpri-lo servicio militar. Despois marchou a vivir ó país vasco e incorporouse á Federación Vasco-Navarra do Partido Comunista. En 1929, marchou novamente a Francia, sendo expulsado por segunda vez acusado de ter sido o principal fundador do Sindicato Metalúrxico do Gas. Regresou a España despois de pasar un tempo en Bélxica e incorporouse de novo ó Partido Comunista Español, aínda que foi expulsado en 1934. Ó iniciarse a Guerra Civil estaba en Madrid e uniuse como membro activo do Partido Obreiro de Unificación Marxista. Marchou a Barcelona, onde foi membro local do comité de Madrid e ó mesmo tempo delegado ó congreso que quería celebra-lo Partido Obreiro de Unificación Marxista. En Barcelona foi detido, sufriu numerosos interrogatorios para ser posteriormente procesado en catro ocasións.