Eduardo Rodríguez Osorio


Categoría: Escultor
Data de Nacemento: 5 de marzo de 1920 († 25 de febreiro de 1995)
Lugar de Nacemento: Esmeriz, Chantada (Lugo)

Cultura Galega. Galería de Arte.
 Currículum

A arte ten unha expresión familiar no apelido do escultor. Traballando no taller familiar comezou o que máis tarde será a súa vocación e adicación, á escultura. Dada a súa profunda inclinación pola talla e o modelado, os seus irmáns deciden envialo á Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela, onde estuda debuxo artístico e lineal, e a talla en madeira. Os seus profesores viron a través dos seus traballos que debía continuar ese camiño, e aconsellado por eles, en 1943 matricúlase na Escola Superior de Belas Artes de San Fernando, pensionado pola Deputación de Lugo. Superadas as probas de ingreso, cursou os cinco anos oficiais na sección de escultura obtendo o Premio Extraordinario de debuxo nun concurso entre alumnos da promoción “Carmen del Río”.

Finalizados os seus estudos en Madrid, foi selecionado para disfrutar dunha bolsa co fin de cursar os estudos de Imaxinería Relixiosa na Escola Superior de Belas Artes de Santa Isabel de Hungría, de Sevilla, onde cursou estudos relacionados coa mencionada sección por espazo de dous anos. En 1948, para conmemorar o X aniversario da fundación desta Escola organizouse unha exposición de obras dos seus antigos alumnos e o Concello de Sevilla concedeulle o premio do certame pola súa obra “Retrato o Meu Pai”, esculpida en granito pedra, na que cincelou o busto do seu pai.

En 1949 foille concedido o primeiro premio de escultura pola obra titulada “San Francisco” na exposición de arte “Educación y Descanso” celebrada en Lugo. Ese mesmo ano, prorrogóuselle a bolsa dous anos máis e volve á Escola Superior de Belas Artes de San Fernando estudando co pontevedrés Alfonso Quinteiro e co vigués, Jesús Valverde, trío que recibiu o nome de “Triunvirato Gallego” nos círculos artísticos e intelectuais da capital.

En 1952, a Deputación de Lugo concedeulle unha subvención extraordinaria para ampliar os seus estudos en París e países de Europa Central, onde se orientaría das distintas tendencias e aprendería dos grandes mestres como Auguste Rodin, Antoine Bourdelle...

Poucos anos máis tarde, en 1955 comenzará a impartir clases por diferentes Institutos de Ensino Medio: Ribadeo, Betanzos, Ávila, para finalmente outorgarlle a cátedra de debuxo no Instituto Cardenal Cisneros de Madrid, onde se xubilou en 1986.

Durante eses anos de ensino e tras xubilarse continuou traballando de xeito infatigable no seu estudo-refuxio ata o seu falecemento en Madrid en 1995.

Dos máis de cen bustos que modelou, son moitas as cabezas de ilustres personaxes as que quedaron retratadas. Recordamos as de Manuel Castro Gil, Ramón Menéndez Pidal, Celso Emilio Ferreiro, Félix Rodríguez de la Fuente, Álvaro Gil Varela, Camilo José Cela, Xosé Filgueira Valverde, Lauro Olmo, Raimundo García “Borobó”, Eugenio Montes, etc… algúns dos cales están presentes en museos e organismos nacionais.

Ademáis destes bustos, modelou unha serie de esculturas de inspiración nos costumes e tradicións que amosan a presencia permanente de Galicia na súa obra. Sendo un dos grandes e poucos artífices do que fora o denominado “Renacimiento da escultura española do século XX” na que participasen tamén Paco Durrio, Manolo Hugué ou Pancho Lasso, artistas que se desmarcaron da retórica anterior, do grandilocuente e o minucioso, o seu interese artístico tamén enaltece o esencial, sin que este afán sexa nunca sinonimia de simplismo. Valéndose das armas plásticas do Impresionismo e o Expresionismo, deixa sentir, tanto en cada peza como no conxunto de toda a súa produción, o carácter do ibérico e a alma galega.

A súa obra nútrese dunha concentración expresiva a través da talla directa, a tradición e ata do primitivismo, que se conxugan nunha linguaxe sofisticada e vangardista, que non participa da súa habitual frialdade. Incluso cando se manifesta en acabados sintéticos de grande Modernismo, a súa lograda beleza, nunca perde de vista o horizonte da humildade, do mesmo modo que a súa introspección ten máis cualidade de entrañable que de hermético.

Osorio deixou unha importante estela de obras, algunhas das cales figuran en museos e forman parte das coleccións do Museo Provincial de Lugo, do Museo Provincial de Pontevedra, da Fundación Barrié de la Maza, a Presidencia da Xunta de Galicia, da Deputación Provincial de Lugo, a Casa de Galicia en Madrid, Centros Galegos, Biblioteca “El Viejo Pancho” de Ribadeo, entre outros. E outras obras culminadas en monumentos enclavados en diferentes cidades e poblacións de España.

 Obras realizadas

OBRA PÚBLICA entre ela:

1995. “Antolín Faraldo Asorey”, (escritor 1822-1853), Betanzos, A Coruña.

1993. “Arsenio Iglesias”, (futbolista e entrenador, 1930-2023), Paseo de Riazor, A Coruña.

1993. “Al Emigrante”, Navalcán, Toledo.

1992. “Carabelas”, V Centenario, Rota, Trujillo, Ujijar.

1991. “Al Perro Guía”, praza de Catro Camiños, A Coruña.

1991. “Conquistador Diego de Ordás”, Castroverde de Campos, Zamora.

1991. “Eugenio Montes”, (escritor e xornalista, 1900-1982), praza de San Roque, Bande, Ourense.

1988. Placa de Celso Emilio Ferreiro, (escritor, 1912-1979), Madrid.

1982. “Félix Rodríguez de la Fuente”, (naturalista, 1928-1980), Santa Pola, Alicante. Poza de la Sal, Burgos.

1982. “Celso Emilio Ferreiro”, (escritor, 1912-1979), xardíns do Monte do Castro, Vigo, Pontevedra.

1980. “Cabra Hispánica”, Candeleda, Ávila.

1978. “Águila Real”, Momeltrán, Ávila.

1977. “Cabra Hispánica”, Los Galayos, Sierra de Gredos, Ávila.

1977. Al Maestro, Mariano Fernández Gómez, Santa Cruz del Valle, Ávila.

1975. “Fuente de las Truchas”, Puente de la Francisca, Hornillo, Ávila.

1973. Alonso Fernández de Madrigal, el “Tostado”, (académico, escritor español, bispo de Ávila, 1410-1455), IES Alonso de Madrigal, Ávila.

1971. “Arturo Duperier Vallesa”, (físico, 1896-1959), Colegio Mayor Arturo Duperier, Ávila.

1969. “Ramón Menéndez Pidal”, (filólogo, historiador, 1869-1968), Biblioteca Menéndez Pelayo, Santander.

 

RETRATOS, entre eles:

1994. Camilo José Cela, (escritor, 1916-2002), Presidencia da Xunta de Galicia, Santiago de Compostela.

1994. José Ramón Ónega, (político e xornalista, 1939-2021), Madrid.

1993. José María Rodero, (actor, 1922-1991), Teatro Municipal José María Rodero, Torrejón de Ardoz, Madrid.

1993. Antonio Bonet Correa, (catedrático e historiador da arte española, presidente da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando, 1925-2020), Museo Provincial de Lugo.

1992. Robert Redford, (actor), Museo de Cera de Barcelona.

1990. Álvaro Gil Varela, (empresario e filántropo, 1905-1980), Museo Provincial de Lugo. Museo Provincial de Pontevedra.

1989. Xosé Filgueira Valverde «O vello profesor», (escritor, investigador e crítico español, 1906-1996), Museo Provincial de Pontevedra.

1987. Raimundo García Domínguez "Borobó" (escritor e xornalista, 1916-2003), Madrid.

1987. Lauro Olmo, (dramaturgo, 1921-1994), Madrid.

1974. Emilio Castelar, (político, historiador, xornalista e escritor, 1832-1899), Instituto Nacional de Ensino Medio Emilio Castelar, Madrid.

1970. Manuel Fraga Iribarne, (político, diplomático e profesor universitario, 1922-2012), Museo Provincial de Lugo.

1970. Félix Rodríguez de la Fuente, (naturalista, 1928-1980), Madrid.

1968. Pedro Barrié de la Maza - Conde de Fenosa (empresario, 1888-1971), Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña.

1968. Carmela Arias y Días de Rábago, Condesa de Fenosa, (1920-2009), A Coruña.

1962. José Alonso y Trelles “El Viejo Pancho”, (escritor e poeta, 1857-1924), Biblioteca Pública Municipal “El Viejo Pancho”, Ribadeo, Lugo.

1961. Enrique Otero Aenlle, (profesor e político, 1913-1992), Museo Provincial de Lugo.

1960. Manuel Vázquez Seijas, (historiador e escritor, 1884-1982), Museo Provincial de Lugo.

1959. Daniel Cortezón Ávarez, (escritor, 1927-2009), Biblioteca Pública Municipal “El Viejo Pancho”, Ribadeo, Lugo.

1957. Dionisio Gamallo Fierros, (escritor, 1914-2000), Biblioteca Pública Municipal “El Viejo Pancho”, Ribadeo, Lugo.

1956. Amando Suárez Couto, (pintor, 1894-1981), Biblioteca Pública Municipal “El Viejo Pancho”, Ribadeo, Lugo.

1956. Gumersindo Laverde Ruíz, (escritor, xornalista e filósofo, 1835-1890), Lugo.

1948. Manuel Castro Gil, (gravador e pintor, 1891-1963), Museo Provincial de Lugo.

1948 “O Meu Pai”, José Rodriguez, Casa da Fonte, Chantada, Lugo.

 

EXPOSICIÓNS

2024. Sala de Exposicións do Fuerte de San Damián, Ribadeo, Lugo

2023. Galería José Lorenzo, Santiago de Compostela, A Coruña.

2023. Galería de Arte Contemporáneo José Lorenzo, A Coruña.

2023. Sala de Exposicións das Antigas Carboeiras de Sargadelos, Cervo, Lugo.

2022. “Terra Nai” Sala de Exposicións do Centro do Viño da Ribeira Sacra, Monforte de Lemos, Lugo.

2016. “Antológica”, Casa da Cultura de Chantada, Lugo.

2015. “Restrospectiva”, Hotel Preciados, Madrid.

2014. Exposición Arte Total 2.0 Internacional, Galería Atalante, Madrid.

2014. "Siempre, ternura inspirada", Gastrobar 76, Madrid

2007. Universidad Ceu San Pablo, Madrid

2006. Casa de Galicia, “Antológica de Esculturas”, Madrid.

1998. Centro Galego de Madrid.

1997. Sala de Arte Caja de Ávila, Obra cultural de la Caja de Ahorros de Ávila.

1997. Sala de Exposiciones “Barquillo” – Obra Cultural Caja de Madrid – Madrid.

1996. “La Meridiana” - Marbella, Málaga.

1996. Museo Provincial. Deputación de Lugo.

1996. Sala de Exposicións, Concello de Colmenar del Arroyo, Madrid.

1996. Sala de Exposicións do Ateneo Municipal de Cultura, Concello de Guadalajara.

1995. Palacio Municipal, “In Memoriam”, Concello de A Coruña.

1994. Casa de Galicia, “Antología de Retratos”, Madrid.

1993. III Congreso Internacional de Empresarios Galegos, Facultade de C.C. Económicas, Santiago de Compostela.

1992. Casa de Cultura e Museo do Pobo, Concello de Chantada, Lugo.

1989. Sala de Exposicións, Obra Cultural de Caixa Ourense, Ourense.

1988. Sala de Exposicións “Barquillo” – Obra Cultural Caja de Madrid.

1987. Sala de Exposicións – Obra Social de Caixa Galicia – Santiago de Compostela, A Coruña.

1986. Galería “Aachen Gallery”, Madrid.

1985. “Sala Dos” – Caja de Ahorros de Cuenca y Ciudad Real – Cuenca.

1984. Sala do Palacio Provincial de San Marcos – Deputación de Lugo.

1982. Galería “Rembrandt”, Madrid.

1982. “Exposición Didáctica” – Sala de Claustros I.B.C. CISNEROS -, Madrid.

1971. Sala de Exposicións – Obra Cultural de la Caja de Ahorros de Ávila.

 Outros datos de interese

PREMIOS

1995. Primeiro Premio de Escultura “Cidade de Lugo” no III Certame de Artes Plásticas, Lugo. Obra: “Abandono”.

1993. Segundo Premio de Escultura no I Certame de Artes Plásticas, Lugo. Obra: “Morriña”

1990. Premio de Escultura pola Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, A Coruña. Obra: “El Amor”.

1962. Primeiro Premio de Escultura no I Certame Nacional de Artes Plásticas, Lugo. Polo retrato “Cabeza de Mujer”, reflexo da súa dona.

1951. Premio de Escultura do Excmo. Concello de Sevilla, Sevilla.

1949. Primeiro Premio de Escultura na Exposición de Arte “Educación y Descanso”, Lugo. Pola súa obra “San Francisco”.

1948. Premio de Escultura do Excmo. Concello de Sevilla “X Aniversario da Fundación da Escola de Belas Artes, Sevilla. Pola súa obra “Retrato o Meu Pai”, esculpida en granito pedra.

1945. Premio Extraordinario de “Debuxo ó Natural” da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, Madrid.