É profesora titular de Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela, especialista en narrativa e teatro contemporáneos. Exerce habitualmente a crítica literaria e é autora de numerosos traballos sobre estes temas.
É coordinadora e coautora do Diccionario da Literatura Galega (Ed. Galaxia, 4 tomos), directora do Anuario de Estudios Literarios Galegos e colaboradora semanal no Diario Cultural da RTVG.
É membro do consello de redacción de "Grial" e traductora ó galego de Bernard-Marie Koltés, Roberto Cossa, Philippe Minyana e Amèlie Nothomb e ó castelán de Manuel Rivas, Suso de Toro e Antón Lobo Antunes.