Diego de Romay


Categoría: Arquitecto
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela (A Coruña)
 Obras realizadas

Formouse baixo a dirección de Vega y Verdugo nas obras da basílica compostelá, encargándolle este as trazas da fachada da Quintana e do Tabernáculo. En 1673 traballou no coro de San Martín Pinario e ó ano seguinte empezou a súa obra mestra, o convento e igrexa das Mercedarias de Santiago de Compostela (rematouse en 1689). En 1678 foi nomeado procurador xeral de Santiago. Outras obras súas son: a Casa das Pomas da Rúa Nova (Santiago), obras no Colexio de Fonseca e un "mascarón" en honor a María de Neoburgo pola súa visita a Santiago. Nos seus últimos anos atendeu as obras da Confraría da Prima, como prometera cando fora nomeado confrade.