Demetrio Barcia Salorio


Categoría: Médico psiquiatra e escritor
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

Estudiou Medicina en Valencia. Doutorouse en 1963 presentando a tese Estudio de la hemodinamia cerebral en los estados depresivos, dirixida polo profesor J. J. Barcia Goyanes. Especialista en Psiquiatría e Neuroloxía. Profesor adxunto de Psiquiatría en Valencia (1995). Catedrático de Psiquiatría en Santiago de Compostela (1972-75). Catedrático de Psiquiatría en Murcia (1975-). Director do Hospital Psiquiátrico "Román Alberca" de Murcia (1975-1980). Xefe do Servicio de Psiquiatría do Hospital Xeral Universitario de Murcia (1980-). ACADEMIAS: Académico de número da Real Academia de Medicina de Murcia. Membro da Academy of Sciences de Nova Iorque. Membro da Académie de Sciences et Belle Lettres de Toulousse. Académico correspondente da Académie Europeen des Sciences, Arts et de Lettres, de París. Membro correspondente da Real Academia de Medicina de Madrid. SOCIEDADES INTERNACIONAIS (membros restrinxidos): Fellow da Royal Society of Medicine de Londres. Fellow da International Federation of Psychoanalisis. Membro da Societé Médico Psychologique de París. Membro da Societé de Histoire de la Psychiatrie et de Psychoanálsis de París. Membro da Societé L'Encephale de París. Membro da Societe Philosophique de Toulousse. Membro de Honor da Sociedade Arxentina de Psiquiatría. Membro de Honor da Sociedade de Psiquiatría de Córdoba (Arxentina). Membro de Honor da Sociedade Panameña de Psiquiatría. SOCIEDADES NACIONAIS: Presidente da Sociedade Española de Psiquiatría. Presidente da Sociedade para o Progreso da Psiquiatría. Presidente da Sociedade Española de Psicoxeriatría. Presidente do Grupo para o Estudio da Depresión. Membro de Honor da Sociedade Galega de psiquiatría. Membro de Honor da Sociedade Andaluza de psiquiatría. Membro de Honor da Sociedade Levantina de Xeriatría. Membro de Honor da Sociedade Murciana de Neuroloxía.

 Obras realizadas

Director dun Tratado de Psiquiatría (tres tomos, con C. Ruiz Ogara e JJ López Albor) e dun Tratado de Psiquiatría (dous tomos). Autor de dezaseis monografías: Psiquiatría: Estudio de la hemodinamia cerebral en los estados depresivos (1963), Las aracnoiditis (con E. Amat) (1966), Delincuencia juvenil (1980), Demencias (1990), Semiología clínica psiquiátrica (con L. Gayral) (1991), Trastornos del sueño en las Psicosis (con L. Morcillo) (1996), Estudio de las alteraciones del sueño en Psiquiatría (con L. Morcillo) (1997), Psicosis cicloides (1997). Antropoloxía: Necesidad de una medicina antropológica (1979), L'Ivresse et la solitud. Une Pathologie de la rancontre (1995), La imagen de la vejez. Un punto de vista psiquiátrico (con P. P. Ayuso). Historia: Historia de la psiquiatría española (1996), Diccionario de personalidades ilustres de la Psiquiatría (1998). Arte e Psiquiatría: El arte de la locura (con P. P. Ayuso) (1996), Locura y Creatividad (1998). Ética: Confidencialidad y Consentimiento informado en Psiquiatría (con P. Pozo) (1998). Director de dezasete monografías. Colaborador en 58 monografías nacionais e estranxeiras. Colaborador da Gran Enciclopedia Rialp, colaborador do New Oxford Dictionary of Psychiatry. Autor de 430 artigos de Psiquiatría en revistas nacionais e estranxeiras. Relator en 91 congresos nacionais e estranxeiros.

 Outros datos de interese

Director de 35 teses de doutoramento. Organizador de numerosas reunións e congresos nacionais. Premio "Alonso Allende" de Psiquiatría. Premio "Sanchis Banus" de Psiquiatría.