David Fernández Rivera


Categoría: Poeta, dramaturgo, director, artista sonoro e visual.
Data de Nacemento: 29 de xaneiro de 1986
Lugar de Nacemento: Vigo (Pontevedra)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto


 Currículum

Publicou os poemarios 'Caminando entre brumas' (2004), 'Sentimiento y luz' (2005), 'Corceles' (antoloxía, 2006), 'Calipso' (inclúe os títulos 'Canciones de mi ausencia' e 'Entre la sombra y el grito', 2009), la trilogía 'Alambradas' (2010), 'Sahara' (2011) e 'Ágata' (2014), así como o libro-disco Fractal (2016). Destaca tamén a súa colaboración en diversas edicións antolóxicas.

 

En relación á su faceta teatral, publicou o texto Hipnosis/La Colonia (2012) e unha selección de obras do compilatorio Esferas (2015), con prólogo de Josep Lluis Sirera, na revista de teatro contemporáneo Episkenion, unha ruptura coa súa anterior concepción poética e teatral.

 

Artista e divulgador precoz, comezou ós dezaoito anos como locutor, dirixindo e colaborando en diversos programas de radio para emisoras tanto locais (Radio Ecca e a súa posterior emisión dende Cadena 100), como autonómicas (Radio Voz).

 

Dende os seus comezos, sempre tivo unha clara vocación polos escenarios, esto non só o levaría a traballar en profundidade os diferentes aspectos do teatro, senon tamén a iniciarse na música, elementos que logo fusionaría coa poesía; de ahí nacerían os seus primeiros espectáculos poéticos, así como os discos Canciones de mi ausencia (2007), Ecos de la noche (2011), Romancero Gitano. Poemas selectos (2010) ou Miguel Hernández. Poemas selectos (2012), unha homenaxe elaborada en colaboración co músico sevillano Carlos Liger. Asimesmo, conta co álbum Ecos de la Noche/Night Echoes, con traducción ó inglés de Luis Ingelmo e Michael Smith (2013).

 

No 2009 fundou a Compañía de David Fernández Rivera, agrupación coa que trata de levar poesía, música e teatro, non só ás cidades, senon tamén ó entorno rural. Para ela preparou a posta en escena de La Guadaña entre las flores de Ángel Padilla (2008), para escribir e dirixir posteriormente Alambradas V. L., coa que participou no 2010 no festival La Alternativa de Madrid. Entre os espectáculos poéticos da compañía, destacan Ecos da Noite (2011) e Fractal (2015).

 

Como artista visual espuxo por primeira vez en 2011 a súa obra Lanza, un poema visual dual e interactivo. Asimesmo, incorporou poesía visual nos seus poemarios Sahara e Ágata, así como na súa compilación dramática Esferas. Do mesmo xeito, as portadas de Calipso, Alambradas, Sahara e Fractal, foron creadas polo autor.

 

É moi reseñable a súa traxectoria na investigación pedagóxica. Ésta comenzou na Facultade de Ciencias da Educación de Pontevedra en 2004. Os seus primeiros talleres enfocados á infancia comezaron en setembro do 2008. A súa primeira dinámica foi o Proxecto Caligrama 2000, a través da cual levou a poesía visual ás aulas, tanto en España como no estranxeiro. Por vez primeira, David uniría as súas duas grandes pasións (pedagoxia e creación) nunha única entidade. Este taller foi creciendo ata convertirse, entre outras cousas, nun banco de observación e investigación da súa concepción pedagóxica.

 

O seu traballo e traxectoria teñen sido galardoados en diversas ocasións. Destaca o recoñecemento da Fundación Cultural Miguel Hernández a través da entrega do busto do poeta en 2012, o Disco de Oro entregado pola discográfica GadGad Music polo seu disco Ecos de la noche (2014), o recibimento como Hóspede de Honra (2015) polo municipio colombiano de Santa Rosa de Osos (Antioquia, Colombia) e a Huella Débora Arango (2015), otorgada pola Escola Técnica Superior de Artes Débora Arango, en recoñecemento á súa innovación nas artes escénicas. Asimesmo, recibiu o I Premio do Certame Poegia (Gijón, España), así como o premio TH ó mellor poemario do ano 2004, entre outros.

 

Ademáis de dar a coñecer a súa poesía e teatro a través de actuacións de diversa índole, participou e representou a súa obra en marcos como festividades literarias, feiras, congresos..., destacando tamén a súa colaboración dende sempre en revistas de literatura nacionais e internacionais.

 

Actualmente, e despois da experiencia que recolle Fractal, desligouse profundamente das súas primeiras raíces dramáticas, poéticas e musicais, para centrar o seu interese na arte entendida como unha continuidade libre e unitaria; unha entidad que non entende de disciplinas, correntes ou convencións. Algo que poñerá de manifesto en próximos traballos.