Baldo Ramos


Categoría: Profesor, poeta e artista plástico
Data de Nacemento: En 1971
Lugar de Nacemento: Celanova (Ourense)

   Cultura
 Currículum

A súa obra explora os espazos que comparten a poesía e a pintura. Os seus libros de artista ‘Ut pictura poesis’, ‘As follas da memoria’, ‘Monólogo do calígrafo’, ‘Signos de cinza’, entre outros, son froito desta fusión. Ten publicados os seguintes libros de poesía: ‘Raizames’, (Follas Novas, Santiago, 2001), ‘A árbore da cegueira’ (Espiral Maior, A Coruña, 2002), ‘Los ojos de las palabras’ (Fundación María del Villar Berruezo, Tafalla, 2002), ‘El sueño del murciélago’ (Pre-textos, Valencia, 2003), ‘Escure a transparente’ (3C3 Editores, Santiago, 2003) e proximamente aparecerá o seu último libro ‘Diario de una despedida’ (Amarú Ediciones, Salamanca).
A súa poesía está recollida en diferentes edicións colectivas, entre as que destacan ‘Poetas del 2004’ (Instituto de Cultura Peruana, Miami, 2005), ‘Antología de Joven Poesía Gallega’ (Enfocarte.com, na Rede) ou ‘Certame de Poesía Rosalía de Castro, 1992-1996’ (Sotelo Blanco, Santiago de Compostela, 2000).
Polo que respecta á súa obra pictórica, foi exposta en diferentes galerías do noso país e serviu para ilustrar numerosos libros e revistas.

 Obras realizadas

Recibiu, entre outros, os premios Arcipreste de Hita, María del Villar Berruezo, Concello de Carral, Rosalía de Castro, Ciudad de Tobarra, Celso Emilio Ferreiro e recentemente foi galardoado co accésit do IV Certame de Poesía Iberoamericana Víctor Jara.