Darío Nogueira González


Categoría: Músico
 Currículum

Mestre Gaiteiro pola Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense.

Entre os anos 1986 e 1993, foi membro e solista da Real Banda da Deputación de Ourense.

 Obras realizadas

Ó longo da súa carreira desenvolveu unha intensa laboura como director nas seguintes agrupacións:

1990-1993. Banda de gaitas de Carballiño.

1991-1993. Banda de gaitas de Villamarín.

1991-1993. Banda de gaitas de Parada de Piñor.

1998-2008. Banda de gaitas do Centro Galego de Madrid.

2000-2014. Banda de gaitas “O son do Ar”, Centro Gallego de Villalba (Madrid).

2004-2006. Banda de gaitas “Virgen del Oro” de Abarán, Murcia.

1998-2014. Banda de gaitas “Lume de Biqueira”, Madrid.

 

E como profesor de gaita/percusión en:

Centro Galego de Cuxhaven (Alemaña).

Centro Galego de Hamburgo (Alemaña).

Centro Galego de Andorra.

Banda de cornetas, tambores e gaitas de Morata de Tajuña (Madrid).

Banda de Gaitas do Centro Galego de Villalba (Madrid).

Banda de Gaitas Lume de Biqueira (Madrid).

 Outros datos de interese

Traballou como músico en Dinamarca e Portugal co grupo de Baile “Solpor” de Celanova (Ourense) de 1992 a 1993, e formou parte do grupo de música Folk “Alann Bique” dende 2001 ata 2008.

Tamén está recoñecido como Xuiz de afinación e interpretación da Federación Galega de Bandas de Gaitas, labor que desempeñou en varias ocasións.