Foi mestre nacional por oposición desde 1934 ata novembro de 1982. Realizou estudios náutico-pesqueiros en 1942 e cursos formativos en 1971 e 1973. Obtivo a diplomatura en Matemáticas en 1975. Tamén foi director de escola de pesca e director dos colexios "Maestro Ribeira Casás" nº 1 e nº2, simultaneamente coa escola de orientación marítima. En 1947 foi bolseiro na Semana Pedagóxica. En 1948, recibiu a felicitación da mariña polos exames a patrón de cabotaxe e de pesca. Foi colaborador das revistas "Vida Gallega", "A Queimada", "Lucus", "Anduriña" e dos xornais El Progreso, La Voz de Galicia, Heraldo de Vivero, Beiramar,... Foi fundador-tesoreiro e vicepresidente do Centro de Iniciativas e Turismo de San Ciprián. Tamén fundou e foi director do "Museo Provincial do Mar" en San Cirpián, do que actualmente é director honorario. Deu numerosas conferencias ó longo da súa vida.
Foi autor de varios libros escolares: Matemáticas 1ª e catro cadernos de exercicios (1969); Matemáticas 2ª e catro cadernos de exercicios (1969); Matemáticas 3ª e catro cadernos de exercicios (1969). Asistiu e participou en xornadas da Bienal Internacional Museística "BIMU" con diploma do Ministerio de Cultura, Dirección Xeral de Belas Artes. Durante moitos anos foi preparador de patróns de cabotaxe e pesca, de bacharelato elemental e completo, da parte cultural dos mecánicos navais e do ingreso na formación profesional.
Foi nomeado Lucense do ano en 1999. Obtivo a medalla de Galicia (1999) en Santiago de Compostela. Obtivo o premio Luís María Sobredo nos anos 1970, 1971 e 1973 e o diploma da Dirección Xeral de Educación como mestre distinguido no ano 1963 ó seu labor social e profesional. Conseguiu o diploma da Universidade de la Rábida e o primeiro premio de Literatura no curso 1964. No ano 1973 foi galardoado co Premio Nacional de Educación Física. Obtivo as seguintes condecoracións: Cruz de Alfonso X O Sabio; Cruz ó Mérito Naval, 2ª clase, distintivo blanco; Medalla de Prata ó Mérito Social Marítimo; Medalla de Campaña; Cruz Roja; Cruz de Guerra.