Está considerado como un dos mellores narradores e comunicadores publicitarios. En 1958 ingresa en "Radio Juventud" e en 1963 en "Radio Nacional". En 1968 é o fundador e xefe de emisións de "Radio Centro", sendo xa un profesional moi importante en locucións publicitarias. En 1981 funda "Centro de Comunicación" e en 1989 "Estudios Abaira, S.A.", empresa dedicada á publicidade, dobraxe e sonorización. Na actualidade segue sendo unha das voces máis contratadas no país. É presidente do "Grupo Abaira" ("Estudios Abaira", "Abaira Publicidad", "Matinha Estudios de Son de Portugal", "Abrente Soluciones Audiovisuales" e "Línea de Fuego"), vicepresidente do "Grupo Bosques Naturales" ("Bosques Naturales", "Forestalia", "Boscalia", "Eurobosques" e "Adagro") e conselleiro de varias empresas.
Foi nomeado "Fillo Predilecto de Trabada", membro da "Enxebre Orden da Vieira" e "Cabaleiro do Camiño de Santiago". Foi galardoado coas "Antenas de Ouro e Prata" da comunicación. Foi nomeado "madrigallego de oro". Obtivo o Premio 2011 á Mellor Voz Radiofónica. A Asociación de Empresarios Galegos en Madrid -Aegama- concedeulle en 2012 o Premio Victoriano Reinoso ó Mellor Empresario Galego do ano.