Daniel Pereira González


Categoría: Pianista
Data de Nacemento: En 1977
Lugar de Nacemento: O Carballiño (Ourense)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Tras iniciar os seus estudos musicais no Carballiño, trasládase posteriormente ó Conservatorio de Ourense, rematando o Grao Profesional con Matrícula de Honra e Premio Extraordinario. O Grao Superior realízao no Conservatorio Superior de Vigo, obtendo igualmente máximas cualificacións.
Desde 1998 recibe leccións maxistrais do mestre Luis de Moura Castro na Escola Juan Pedro Carrero de Barcelona. En febreiro de 2001 recibe unha bolsa da Universidade de Hartford (EEUU), cidade na que reside desde setembro de 2001, e onde completa un Master en Música en maio de 2006. En dito centro concédenlle un premio especial post-graduación e en setembro de 2004 outórganlle a bolsa especial Moses Haltzmark.
Ten asistido a diversos cursos de interpretación e técnica pianística. Así mesmo, ten participado en Cursos e Festivais Internacionais tales como Amalfi Coast Music Festival (Italia), Baregues (Francia), Igualada (Barcelona), Olot (Girona), Praga (Rep. Checa), Namur (Bélxica), Vilanova de Gaia (Portugal), Río de Janeiro (Brasil) e Friburgo (Suíza). Ten traballado con mestres como Boris Berman, Diane Andersen e Thomas Mastroiani. Así mesmo, recibe consellos do renomeado oboísta Humberto Lucarelli.

 Obras realizadas

Ten ofrecido recitais na Comunidade Galega, como no Teatro Principal de Pontevedra, no Auditorio Martín Códax de Vigo, na Casa da Cultura de Xinzo de Limia, no Club Náutico de Vigo, na Fundación Mayeusis, no Ciclo ‘Xeración 2000+1 de Jóvenes Intérpretes’ en Vigo e en Ciclo Jove de Barcelona, no Círculo Mercantil e no Conservatorio Manuel Quiroga.
A súa carreira inclúe recitais nos Estados Unidos como en Connecticut, onde tocou en festivais como o de Santa Cecilia Music Festival, celebrado na Catedral de Hartford.
En setembro de 2003 formou dúo co oboísta brasileño Cleobaldo Chianca, ofrecendo recitais en diversas cidades do noroeste estadounidense. En xaneiro de 2004 fundou o dúo ‘Cuatro Manos’ coa pianista rusa Maria Bessonova, realizando igualmente unha intensa actividade concertística, incluíndo concertos nas Illas Canarias. Recentemente formou dúo co clarinetista italiano Giancarlo Bazzano.
Ten tocado en directo para a TVE Galicia no programa “Baiona, un real verán”.

 Outros datos de interese

É membro fundador da Asociación Xuvenil Galega “Amigos del Piano” e foi director dos Festivais Internacionais de Piano celebrados no Parador “Conde de Gondomar de Bayona, Así mesmo, participa neles como pianista solista e acompañante, así como relator nas diversas charlas e conferencias.
Daniel é tamén un entusiasta da Historia das Escolas Pianísticas e disfruta ofrecendo charlas para cando se presenta a ocasión.
En setembro de 2007 comezará estudos na Universidade do Estado de Nova York co mestre ruso Paul Ostrovsky.
Páxina web: www.daniel-pereira.com