É licenciado en Dereito (1958) e doutor en Dereito (1961). Foi profesor axudante, profesor adxunto e profesor encargado de Filosofía do Dereito pola Universidade de Granada. Foi catedrático numerario de Filosofía do Dereito con dedicación exclusiva na Universidade de Santiago de Compostela (1966), profesor invitado das Universidades de Toulousse, Coimbra, Católica de Chile, Perugia, Nacional de Educación a Distancia, Braga e A Habana. É patrono fundador da Fundación Alfredo Brañas, fundación cultural privada de ámbito galego, presidente do seu padroado desde 1990 e director de Edición do Centenario das Obras Completas de Alfredo Brañas (2 volumes aparecidos)e de Colección Brañiana de novos estudios sobre Brañas, escritos de encarga co gallo do centenario (14 volumes aparecidos ata xullo de 2000).
Ten publicados 30 libros e 130 artigos. Entre os libros podemos destacar: El derecho y el estado en Nietzsche (1966), El derecho hispánico (1973), La Filosofía del Derecho en la Universidad de Santiago (1975), Derechos Humanos (1983), Tópica Jurídica (1984), Historia da Xurisprudencia Galega (9 volumes), Alfredo Brañas filósofo do dereito (Santiago de Compostela, FAB, 1998),... Entre os seus artigos cabe destacar: "La logique juridique en Espagne et en Amerique Latine" (Toulousse, 1967), "Derecho y tradición en el modelo foral hispánico" (Madrid, 1974), "Por una jurisprudencia iberoamericana" (Madrid, 1988), "Portugal na conciencia galega" (Santiago de Compostela, 1990), "América en la conciencia gallega ante el V Centenario" (Madrid, 1991), "Relictio de Indis olim inventis" (Huelva, 1995),...
Actualmente dirixe, na Universidade de Santiago de Compostela, un programa de investigación trienal (1999-2002) sobre a "Historia da Filosofía do Dereito Español", especialmente dedicado á xurisprudencia galega, o Manual de Teoría do Dereito (1999) e o Manual de Filosofía do Dereito (2000) da Editorial Colex (Madrid).