Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación 1979. Doutor en Pedagoxía 1987. Profesor titular de Teoría e Historia da Educación 1989. Impartiu docencia no Colexio Universitario de Ourense da Universidade de Santiago desde 1979-1990, das materias de Teoría e Historia da Educación. Desde 1990, imparte a docencia na Universidade de Vigo, Campus de Ourense na Facultade de Humanidades, dedicándose especialmente á Pedagoxía Social dentro da titulación de Educación Social. Director do Colexio Universitario Universitario 1989-90. Vicedecano de Humanidades 1990-94. Decano de Humanidades 1994-98. Vicerrector de Extensión Universitaria 1998-2000. Tese de doutoramento: "Educación e Sociedade en Ourense durante a IIª República" Santiago, 1987.
LIBROS:
Educación e ideoloxía en Ourense na IIª República, 1989. Universidade de Santiago.
Teorías e institucións educativas en Ourense durante a IIª República, Universidade de Vigo/Concello de Ourense, 1994.
Por unha escola do pobo. No Centenario de Freinet, 1998 (Coord.) Univ.de Vigo.
Actores sociais e factores de cambio no medio rural, 1999 (Coord.) Univ.de Vigo.
Vintecinco anos de Freinet en Galicia, 2000 (Coord.).
Colaborador de diversos libros colectivos e de diversas revistas científicas como "Historia de la Educación", "Pedagoxía Social", "Temps d'educació".
Secretario de Nova Escola Galega, un ano.
Presidente de Nova Escola Galega, dous anos.
Membro do grupo de educadores pola Paz de NEG.
Organizador de 10 edicións das Xornadas de Educación para a paz.