Damián Salvador Payo Cangado


Pseudónimo:Paío
Categoría: Escultor
Data de Nacemento: 1957
Lugar de Nacemento: Lalín
 Currículum

Na actualidade é Responsable técnico de Cultura do Concello de Lalín. Director de Tempo Libre. Comisario da Bienal "Laxeiro" e do Museo Municipal "Ramón Mª Aller". Membro Fundador da Fundación Casa Museo "A Solaina" de Piloño e vocal da mesma.

 Obras realizadas

Cabe destacar entre as súas exposicións: 1986.- II Bienal de escultura "Fundación Araguaney", Santiago de compostela. 1987.- II Bienal de Castilla la Mancha, Guadalajara./ IV Certame de pintura Concello de Cambre. 1987-88.- Novíssimos, itinerante, Xunta de Galicia./ VIII Bienal de Pontevedra. 1989.- L. Bienal de Valdepeñas, Ciudad de Real./ IX Bienal de Pontevedra./ Homenaxe a Asorey, Cambados 1991.- Bosque da Condesa, Universidade de Santiago de Compostela. 1992-94-96.- Xuntanza Obradoiro Internacional das Artes Plásticas Fundación "A Solaina" de Piloño. 1992.- O Deza: unha definición da arte actual, Museo "Ramón Mª Aller", Lalín. 1993.- Artistas de Deza, Casa da Parra, Santiago de Compostela. 1993.- Artistas actuais no camiño xacobeo, Castelo de Vilamarín, Deputación de Ourense 1995.- Dezasete, itinerante, Xunta de Galicia 1998.- "A Solaina en Rodeiro", inauguración do Centro Cultural Lamazares. 1998.- I Feira de Arte "Fundación Semana Verde de Galicia", Silleda. 1999.- Un Século de Arte en Deza: 1900-2000, na Lembranza de Colmeiro e Laxeiro, Museo "Ramón Mª Aller". Autodidacta, Mestre de E.X.B. Titiriteiro do 83 ó 87. Tamén foi cofundador do grupo de títeres ?Viravolta? de Lalín e participou na realización e posta en escena dos seguintes espectáculos: -1983 - As venturosas fazañas de D. Florete de Rocamonte e o seu escudeiro Furabolos. -1984.- Contos para ratos mortos./ Un conto sen nome de M. Pereira. -1985.- Historias con demo./ Jasón -1986.- Juan sen medo. Ademais: 1984.- Coofunda a Algarabía (artes plásticas, música, teatro, poesía...etc.) 1987.- Programa Os Teus Monicreques para a TVE de Galicia. 1988.- Mestre Canteiro na Casa de Oficios da Fundación Semana Verde de Galicia. 1989.- Animador Socio Cultural do Concello de Lalín. - 1978 - 84 - 85: Cartel Feira do Cocido de Lalín. - 1995 - 96 - 97: Cartel Feira da Carne ó Caldeiro de Dozón. - 1998: Cartel da Festa da Empanada de Bandeira (Silleda) - 1988: Publicación do cantar de cegos: Lalín Éche o Demo (Imprenta Alvarellos) - 1990: Publicación da fotonovela Jasón: (Imprenta Alvarellos) - 1998: Ilustración para o libro homenaxe a Raimondez Portela. A Estrada.