José Luis Represas Carrera


Categoría: Músico
Data de Nacemento: En 1970
Lugar de Nacemento: Xinzo (Ponteareas)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

Cabaleiros de Santiago

Concerto para trompeta e banda sinfónica

A Pedra da Serpe

Cambre. Poema sinfónico.

A dona de Cecebre
 Currículum

Nace en Xinzo (Ponteareas) no seo dunha familia de gran tradición musical. Inicia os seus estudos musicais na Banda de Música “Xuvenil de Xinzo” co mestre Guillén. Licenciado superior en Composición, Saxofón e gaita polos Conservatorios de Vigo e A Coruña.

Realiza cursos de dirección cos mestres Pirfano Zambrano e Enrique García Asensio.

 Obras realizadas

Dirixiu as bandas de música populares do Rosal, Ponteledesma, Muimenta de Lalín, Silleda, coa cal gañou a mención de honra na sección especial do certame de bandas de Pontevedra do ano 2005, e a banda de música de Campolameiro, mención de honra no certame Provincial de Pontevedra do ano 2007, e 1º premio no comarcal do 2008 e 2009.

É membro fundador dos grupos de cámara “Reveriano Soutullo” e do cuarteto de saxos “Selmer” e da Agrupación instrumental Harmonía. Esta agrupación foi convidada por dúas veces ao certame de bandas “Cidade de Valencia” nos anos 1999 e 2002.

Dirixiu a importantes solistas: Javier Galán, Amparo Navarro, José Antonio Campo, Sandra Míguez, Rubén Velázquez, Teresa Novoa, Fco. Javier Vidal, Marcos Represas, José Manuel López, Ernesto Campos, Pedro Lamas. Manuel de Diego, Amanda Serna, Paco Sánchez, Esteban Batallán, Jorge García Rojo…

Participou como director invitado e solista en formacións como a Banda Sinfónica de Madrid, Municipal de Albacete, Municipal de Bilbao, Municipal de Tenerife, Municipal de Valencia, Municipal de Santiago de Compostela, Municipal de Valencia, Municipal de Ourense, Bañeres de Mariola, A Alcudia, Alginet, San Miguel de Salinas, Museros, Goián, Isla Cristina, Segorbe, Banda sinfónica Portuguesa, Orquestra dos mozos de Águeda, Municipal da Coruña, Municipal de Pontevedra, coa cal clausura o certame internacional de Valencia do ano 2006. Dirixe en Portugal “estagios musicais”. Na cidade francesa de Tolouse dirixiu e realizou os arranxos do espectáculo “Hispanias míticas” con máis de 150 participantes.

Dirixiu en Inglaterra, Italia, Alemaña e Suíza.

E director titular dá banda de música municipal da Coruña en duas etapas, dende ou ano 2011 ou 2015 e, e de setembro de 2016 a setembro de 2017.

Actualmente e saxofonista e subdirector dá mencionada banda.

A súa obra Cabaleiros de Santiago, foi estreada en Madrid pola banda sinfónica municipal no ano 2002, e foi obra obrigada no certame provincial de Pontevedra no ano 2002. E obra libre de moitas bandas nos máis diversos certames.

O concerto para trompeta e banda sinfónica foi estreado por Esteban Batallán e a banda de música municipal da Coruña, dirixindo a estrea o propio autor.

Variacións sinfónicas para nenos, foi finalista no concurso iberoamericano de Ortigueira, e obra obrigada no certame de Pontevedra do ano 2008.

A pedra da serpe, foi finalista no concurso de composición da xunta de Galicia 2009, e foi obrigada no ano 2010 no certame autonómico galego.

As súas composicións e transcricións (máis de 400) foron interpretadas polas máis diversas bandas de música de España e o estranxeiro. As súas interpretacións e composicións soan en radio clásica, na radio galega, e en emisoras e canles referidos a bandas e orquestras de ventos. A súa música ten sido sintonía de programas de radio e series da televisión galega.

Desde o pasodobre Xinzo, a súa maior ocupación foi a composición de música para Banda. O carácter do folclore galego está sempre presente, non só por amor á nosa cultura, sobre todo, para competir desde a singularidade da nosa Música popular co gran desenvolvemento na composición orixinal para banda que se produciu nas últimas décadas. O principal obxectivo da música de Represas é o de entreter e emocionar, condicións básicas en calquera obra, a un público que, afortunadamente, cada vez ten máis ofertas lúdicas e culturais.