Licenciada en Xeografía e Historia, especialidade de Hª da Arte Moderna e Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela (xullo de 1983), fixo a tese de licenciatura sobre a obra plástica de Xoán Piñeiro (1986), así como os cursos do terceiro ciclo de doutorado.
Realizou a selección e montaxe da obra de Xoán Piñeiro na Exposición Antolóxica-Homenaxe, Caixa de Aforros de Vigo (1981) e Salas de Exposición da Caixa de Aforros de Galicia en Santiago e A Coruña (1982), coordinou a 1ª Exposición de Artistas Galegas, organizada por Alecrín no Centro de Estudios da Muller en Vigo (xuño de 1987) e realizou a montaxe técnica da exposición, maquetación e textos de catálogo Xoán Piñeiro de 1920 a 1980, Palacio Municipal de Exposicións Kiosko Alfonso, A Coruña (xullo de 1988). Foi profesora de Hª da Arte na Casa de Oficios Artesanía Textil en Vigo (do 12 de xuño ó 30 de setembro de 1989) e comisaria da Exposición II Bienal de Artistas Galegas, Casa das Artes de Vigo (do 29 de Marzo ó 30 de Abril de 1990) e da Exposición ‘Xoán Piñeiro 1920-1980’, Castelo de Soutomaior. Publicación de libro sobre o artista. Excma. Diputación Provincial de Pontevedra (agosto de 1990).
En 1991 constituiu e foi a xerente da empresa ARTE BRONCE FUNDICION, S.L. e en abril de 1995 obtivo a titulación de Carta Artesán e Taller Artesán da Xunta de Galicia.
Ademais, asistiu a un curso de Ceramista-Modelador-Escultor en Arte Bronce Fundición, Goián-Tomiño - Pontevedra (setembro 1995-febreiro 1996) e un curso de Metodoloxía Didáctica para Formación Ocupacional no proxecto de Formación de Formadores da Consellería de Familia e Benestar Social da Xunta de Galicia. (maio 1996).
-1996: 1ª Exposición de Bronces de Pequeno Formato, inauguración da Tenda-Exposición nas instalacións do Taller Arte Bronce Fundición en Goián – Pontevedra (xullo).
-1997: Bienal de Arte de Vilanova de Cerveira. Talleres: Arte Bronce Fundición. Portugal (agosto) e Exposición de Bronces na Sala Banco Bilbao Vizcaya, Vigo (decembro).
-1998: Directora da Fundación Xoán Piñeiro, Goián (setembro) e Exposición de Bronces no Lagar do Alvarinho, Melgaço. Portugal (1-20 setembro).
-1999: Exposición de Bronces na Casa da Xuventude, Tui (maio).
-2000: Exposición de Bronces na Área Panorámica de Tui (abril) e na Casa da Xuventude de Tui (maio), exposición nas instalacións do Taller Arte Bronce Fundición en Goián – Pontevedra (xuño) e dirección da 1ª Bolsa de Traballo e Investigación en fundición á cera perdida, organizado pola Fundación Xoán Piñeiro en Arte Bronce Fundición, Goián – Pontevedra (febreiro).
-2001/2002: Exposición na Galeria Batik de Barcelona (do 27 de decembro ó 15 de xaneiro).