Conseguiu premios de debuxo no colexio de dos Irmáns Maristas. A Coruña.Estudiou debuxo e pintura con Mariano García Patiño.Fixo prácticas de pintura ó natural co seu tío o afamado pintor Félix Gaciarena.Pasou máis de cinco anos viaxando por Europa e América visitando museos en Londres, París, Roma, Amsterdam, Bruxelas, Hamburgo, A Haya, Ruan, Boston, Filadelfia, Nova Iorque, Montreal, Quebecq, Toronto, Nova Orleans, Houston, Tokyo, Vancouver, Victoria, etc...
Sete exposicións individuais, a primeira no ano 1982.Numerosas exposicións colectivas, tamén outras con fines benéficos.Máis de 500 monografías sobre os "cruceiros" galegos, publicado na Voz de Galicia.Charlas pola radio, unhas cincuenta, sobre a arte e a historia de Galicia. Colaboración na obra Galicia enteira (Ed.Xerais, Vigo) con máis de 300 debuxos.Colaboración con Guión das rutas de Galicia (Deputación Provincial).Deu conferencias e asesorou numerosas teses universitarias. Tamén é o autor do texto e de cen debuxos na obra Os nosos cruceiros, Ed. Boreal, 1993.