Comezou a súa formación co seu pai Francisco e completou a súa carreira con Fernando de Casas. Foi compañeiro de Lucas Ferro Caaveiro. En 1745, debido ás numerosas obras que se levaban a cabo na catedral, Fernández Sarela é nomeado aparellador e colabora con Ferro Caaveiro nas obras da fachada da Acibechería.
En 1745 levou a cabo as obras das bóvedas da igrexa de San Miguel dos Agros, de Santiago, en 1754 remataba a Casa do Deán e en 1759 a do Cabido. Fernández Sarela traballou tamén nas obras da portería do antigo convento de Conxo.Traballou, ademais, na reconstrucción da capela do Santo Cristo de Conxo (1730-1737).Aínda que non dispoñemos de documentación, atribúese a Fernández Sarela a construcción e deseño doutras casas situadas en diferentes zonas da cidade de Santiago.