José Jesús Cudeiro Mazaira


Categoría: Avogado e político
Data de Nacemento: 14 de xaneiro de 1952
Lugar de Nacemento: Ourense
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1977. Avogado en exercicio. Especialista en Dereito Urbanístico. Dende 1997 a 2003 foi Director Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia. De 2003 a 2005 foi Director Xeral de Desenvolvemento Comarcal de la Xunta de Galicia.
En 1980 inicia o exercicio da avogacía que exerce ata 1990. En 1985, ingresa na Administración da Comunidade Galega como asesor técnico e secretario da Comisión Provincial de Urbanismo de Ourense. Posteriormente, en 1993, é nomeado Xefe Provincial de Urbanismo de Ourense, posto que ocupa ata 1997, ano no que é nomeado Director Xeral de Urbanismo da Xunta de Galicia. Foi Vicepresidente da Comisión Superior de Urbanismo, Vicepresidente do Instituto Galego da Vivenda e Solo, Conselleiro das Sociedades de Xestión Urbanística: Xestur, de Ourense e Pontevedra, Vocal da Comisión Galega de Medio Ambiente, Vocal da Comisión Galega de Delimitación Territorial, Vocal da Comisión Consultiva de Equipamentos Comerciais, Vocal da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Conselleiro Delegado da Sociedade Anónima de Desenvolvemento Comarcal de Galicia.
Avogado en exercicio, foi conselleiro do despacho xurídico internacional Cuatrecasas Abogados, con delegación para Galicia en Vigo e é asesor de diversos Concellos de Galicia. Na actualidade é xerente da Sociedade Urbanística Provincial de Ourense.

 Obras realizadas

Autor de diversos estudos sobre Dereito Urbanístico.
Durante a súa etapa de Director Xeral de Urbanismo materializaronse o Decreto 28/1999 polo que se aprobou o Regulamento de Disciplina de Galicia. A vixente Lei 9/2002 de Ordenación Urbanística e Protección do Medio Rural de Galicia.
O Avance das Directrices de Ordenación do Territorio de Galicia. Púxose en funcionamento coa aprobación da Orde de 30 de xuño de 1999 a Inspección Urbanística de Galicia dependente da Comunidade Autónoma.

 Outros datos de interese

Casado e cunha filla.