Entrou na Orde dos Xesuítas en 1948 e licenciouse en Linguas Clásicas en Salamanca e en Filosofía na Universidade Pontificia de Comillas (Santander). En 1957 foi enviado ós Estados Unidos para continuar os seus estudios, licenciándose primeiro en Teoloxía (Escola de Teoloxía da Universidade Loyola de Chicago) e, tras ser ordenado sacerdote en 1960, facendo un master en Física na Universidade John Carrol (Cleveland) en 1966, cun traballo sobre o efecto do láser en varios líquidos. Tras unha breve visita dun semestre á Universidade Gregoriana de Roma, regresou ós Estados Unidos traballando como doutor en Física na Universidade Católica de América en Washington, D.C. En 1971 doutorouse en Washington e traballou en Raios Cósmicos baixo a dirección do Dr Clyde Cowan, famoso por ser un dos descubridores do neutrino (con Fred Reines, gañador do Premio Nobel en 1955). Cooperou en investigacións dirixidas polo Dr Hall Crannell gracias a unha bolsa da NASA para desenvolver un detector de raios gamma que fose usado nun satélite artificial e polo Dr Klaus Fritsch gracias a un contrato da NASA para desenvolver un sistema de control de fibras ópticas para avións e sondas espaciais. Desde 1971, ensina Física e Astronomía en Washington e Cleveland, e Filosofía da Natureza na Universidade Pontificia de Comillas en Madrid, dividindo o ano escolar entre ámbolos dous países. Desde 1974 foi invitado durante varios períodos de verán a ir ó Observatorio Astronómico do Vaticano en Castel Gandolfo, cerca de Roma. Alí traballou no desenvolvemento de técnicas fotográficas para Astronomía. En 1991, celebrando cen anos do Observatorio, impartiu un curso de tres semanas sobre Galaxias para vinte bispos de diferentes países.
Baixo o patrocinio do Vaticano, ten dado conferencias en moitas universidades de México, Colombia, Perú, Arxentina, Uruguai e Chile. Tamén ten dado charlas en Alemaña e Irlanda e practicamente en tódalas universidades importantes de España. En Estados Unidos e desde 1975, ten ofrecido ó público en xeral conferencias sobre Ciencia e Filosofía durante a súa estancia en John Carroll. Tamén deu charlas en asociacións astronómicas de Cleveland, Kent, Akron e Miami, na Sociedade Xeofísica do Norte de Ohio, o Club Pasteur e o Club Mensa en Cleveland e outras escolas da zona. O seu traballo como sacerdote sempre foi unha constante e ocupa a maior parte da súa vida. Serviu a diferentes parroquias durante a súa estancia en Washington e ten dado moitas charlas sobre Teoloxía– en español e inglés- en moitos dos lugares que visitou, en Estados Unidos, España, México e Perú. Publicou numerosos ensaios sobre Ciencia, Filosofía e Teoloxía en diferentes lugares. O seu libro sobre Filosofía da Natureza, Metafísica de la Materia úsase en varias universidades e os dous libros El Creyente ante la Ciencia e El Hombre en el Cosmos tamén están no prelo. O libro escrito en inglés Essays on Faith and Science está disponible na Rede.
Foi membro da directiva do Observatorio do Vaticano durante quince anos. Gracias á solicitude do Consello Pontificio de Cultura ten participado en congresos sobre Ciencia e Fe en Cali e Medellín (Colombia). Ademais, foi tamén un dos conferenciantes invitados ó Congreso de Metafísica e Ciencia en Roma (setembro, 2000) e Santiago de Compostela (setembro, 2002). O seu interés pola Astronomía levouno a desenvolver dous novos instrumentos adecuados para usar como axuda docente ou para o disfrute da observación astronómica: un firme e cómodo soporte para prismáticos, polo que se lle concedeu unha patente en Estados Unidos, e foi seleccionado como un dos dez productos máis importantes do ano 2001 na famosa revista 'Sky and Telescope'; un sistema óptico pregado que permite que un instrumento portátil libere unha gran enerxía, ó que lle concederon unha minuciosa descrición na edición de outubro de 2002 da revista 'Sky and Telescope' e actualmente está sendo considerada para producción. A fotografía artística e a pintura son complementarias ó seu traballo científico. Celebráronse varias exposicións das súas fotografías na Universidade John Carrol, moitas delas foron usadas pola Universidade en moitas publicacións, calendarios do colexio e informes anuais. En 1987, celebrando o centenario de John Carroll, foi galardoado coa Medalla Centenaria pola súa contribución á Universidade, especialmente cunha exposición de fotografías que presentaba os logros dos xesuítas durante 400 anos. Ese mesmo ano tamén foi invitado a formar parte dun grupo excursionista a Israel para administradores e alumnos do colexio para traer un arquivo artístico da viaxe. En España, a Catedral de Toledo requeriu a súa axuda para crear un arquivo da arte contida nesa igrexa, tanto pinturas dos grandes mestres (El Greco, Goya, Tiziano..) como os tallados que adornan o coro. Tamén se celebrou unha exposición das súas fotografías en Madrid. A Xunta de Galicia concedeulle en 1999 a Medalla Castelao.