Ricardo García Míguez


Categoría: Avogado
Lugar de Nacemento: A Coruña
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

García Míguez Abogados

Blog1

Blog2

Twitter

Facebook
 Currículum

Sendo estudante universitario en Santiago de Compostela comezou a publicar artigos de fondo no diario vespertino ‘La Noche’.

Dirixiu o Departamento de Actividades Culturais da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.

Pertenceu ao ‘Cine Club da Asociación Fotográfica Compostelana’ e foi membro da súa Xunta Directiva.

Foi in dos líderes estudantís da oposición universitaria á Ditadura, propugnando para España unha República demócrata liberal.

Representou á Facultade de Dereito na ‘Xunta Permanente do Distrito Universitario de Santiago de Compostela’, durante a folga universitaria de 1968.

Licenciouse en Dereito na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela.

Posteriormente superou o Exame de Grao na mesma Facultade de Dereito.

Finalmente realizou os Cursos Monográficos do Doutorado na mesma Facultade.

Como universitario accedeu á ‘Instrucción Premilitar Superior’ do Exército, onde alcanzou o grao de Oficial de Infantería e tralas prácticas regulamentarias pasou á Reserva.

En 1972 incorporouse como Avogado exercente ao Ilustre Colexio Provincial de Avogados da Coruña’, onde permaneceu sen interrupción.

En decembro de 1976 encabezou coa súa sinatura un manifesto público contra o ‘Referéndum da Lei de Reforma Política’, denunciando o seu carácter antidemocrático e propugnando a abstención. Todo iso na súa liña de abrir un proceso constituínte no que defender a instauración dunha República demócrata liberal.

Pertenceu á executiva galega do ‘Partido Demócrata Liberal’ (PDL) de España.

Foi presidente do ‘Club Porlier, Sociedad de Estudios Liberales’, que posteriormente se transformou na actual ‘Fundación Porlier’.

Foi voceiro do colectivo de pensamento e acción ‘Plataforma Liberal de Galicia’.

Foi presidente do partido ‘Centro Liberal de Galicia’.

En 1986, ante o referéndum sobre a permanencia de España na OTAN, apoiou publicamente o si.

Aínda que ten un profundo coñecemento do Estado e da Sociedade Civil, nunca se presentou a unhas eleccións nin ocupou cargos públicos. O seu labor político centrouse en crear un partido liberal en España.

Foi secretario de sección no ‘II Congreso de Dereito Galego’.

Foi presidente da ‘Coordinadora das Fundacións Galegas’.

Foi presidente da ‘Corte Galega de Arbitraxe’.

Creou a sociedade Canal Coruña, S.L. que editou ‘CanalCoruña.com’, a primeira revista galega en Internet. E foi director da revista ata que finalizou o proxecto.

Dirixiu e presentou a serie xurídica de televisión ‘Conflictos de Pareja’, producida e emitida por unha cadea de televisión de Galicia.

Desde o seu pase á Reserva como Oficial do Exército ata a actualidade realizou estudos de Sección Segunda de Estado Maior. (Intelixencia).

 Obras realizadas

Distinguiuse como escritor de artigos en xornais e revistas de Galicia e do resto de España.

Publicou numerosos traballos sobre asuntos culturais, xurídicos, sociais, políticos e militares.

Sobre os mesmos temas pronunciou conferencias, invitado por diversas Asociacións, Sociedades, Fundacións, Academias e a Universidade.

É autor do opúsculo xurídico ‘El derecho a la muerte’, que fixo público invitado pola Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia.

É autor do libro de ensaios ‘Galicia, el Estado y la libertad’.

Posúe unha importante biblioteca, na que se encontran todos os libros que foi lendo ao longo da súa vida.

No literario, é un escritor dotado dun estilo propio —fiel expoñente dun conceptismo moderno— baseado no dominio do verbo na frase, as oracións simples, os parágrafos curtos e os diálogos elocuentes.

 Outros datos de interese

É republicano, partidario dunha República demócrata liberal presidencialista, con bandeira roxigualda sen escudo, con división de poderes, e con elección dun só candidato en cada distrito electoral.

É presidente da Fundación Porlier, dedicada á defensa da liberdade.

É Avogado con exercicio en toda España.