Estudou no Colexio dos Irmáns das EE.CC de La Salle, destacando pola súa inclinación á lectura, á pintura e á música.
Emigrante a Cuba, colaborou no "Diario de la Marina" da Habana e, ao regresar a España, fundou en Verín en 1926 o semanario humorístico "El Cencerro". Bo versificador e debuxante, o seu inquieto espíritu bohemio e aventureiro, tras enviuvar, levouno a alistarse na lexión, participando como sarxento no exército do Norte durante a Guerra Civil. Tras resultar ferido nunha man con pérdida dun dedo da man ao combater en Guipúzcoa, abandona a milicia co grao de suboficial.
As súas dotes artísticas como debuxante, déronlle popularidade como o primeiro printor de letreiros e murais en tapias de Verín, que asinaba "Carlampio" e usaba como seudónimo en escritos de prensa.
Ao seu falecemento en desgraciado accidente doméstico, deixou escritas pequenas obras de humor sobre tipos populares.