Santiago Agrelo Martínez


Categoría: Arcebispo de Tánxer
Data de Nacemento: 20 de xuño de 1942
Lugar de Nacemento: Asados, Rianxo (A Coruña)

Opinión
 Currículum

Estudiou Humanidades no Seminario franciscano de Herbón (1953-1958).

Estudiou Filosofía no Centro de Estudios da Provincia Franciscana de Santiago, en Ponteareas (1959-1962).

Estudiou Teoloxía na Universidade Pontificia de Salamanca, na que obtivo a Licenciatura (1962-1966).

Ordeouse sacerdote o 13 de agosto de 1966.

Durante o curso 1966/67 ensinou Teoloxía dos Sacramentos no Centro de Estudos Teolóxicos da Provincia Franciscana de Santiago.

Dende 1967 a 1969 completou os estudos de Teoloxía coa especialización en Liturxia, no Pontificio Ateneo Anselmiano, de Roma.

No curso 1970/71 incorpórase como Profesor de Liturxia ó Pontificio Ateneo Antoniano, de Roma, onde ensinou ata finalizar o curso 1985-1986.

En 1975, no Pontificio Ateneo Anselmiano de Roma, na Facultade de Teoloxía, defendeu a tese doutoral – 'La Simbología de la luz en el Sacramentario Veronense'- e obtivo o título de Doutor en Sagrada Teoloxía, con especialización en Liturxia.

Dende 1986 a 2007 ensinou no Instituto Teolóxico Compostelano, no que foi Profesor de Liturxia e Teoloxía Espiritual.

Foi Visitador xeral e Presidente do Capítulo que a Provincia dos Santos Mártires de Marrocos de Portugal celebrou en 1992. En 1998 foi Visitador xeral do Pontificio Ateneo Antoniano de Roma, do Estudio Bíblico de Xerusalén e do Instituto de Estudos Ecuménicos de Venecia. En 2001-2002 foi Visitador xeral e Presidente do Capítulo da Provincia Franciscana da Santa Fe de Colombia.

Participou na preparación da edición do Diurnal en lingua galega, e da edición do Leccionario en lingua galega.

No mes de xullo de 2002 incorporouse como responsable da pastoral parroquial ó Centro de Atención Pastoral de Vega de Valcarce.

En abril do ano 2007 a súa santidade Benedicto XVI nomeouno Arcebispo de Tánxer.