Estudiou Filosofía no colexio de Xerome e Xurisprudencia no de Fonseca, ámbolos dous en Santiago de Compostela. Licenciouse en 1708 e conseguiu o doutoramento en 1709. Foi nomeado rector de Fonseca en 1713. Seu tío, bispo de Osma, nomeouno en 1718 provisor e gobernador eclesiástico e en 1725 foi nomeado cóengo inquisidor de Sevilla, desempeñando despois este cargo en Santiago. Foi nomeado bispo de Lugo en 1785, realizando moitas obras e reformas na catedral e na cidade. En 1745, despois de realiza-la ofrenda ó Apóstolo como delegado rexio, é nomeado bispo de Compostela. Ó fronte do seu cargo continuou o labor reconstructora que iniciara o seu predecesor no cargo, o mexicano Antonio de Monroy.
Das 12 partes da súa herdanza, deixou unha ó Sacramento da catedral de Lugo, outra á capela de Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo, unha terceira ás parroquias pobres do bispado (Lugo) e outra máis ás persoas necesitadas da diocese.