Pasou a súa infancia na súa aldea natal. Sendo aínda moi novo trasladouse á Coruña e alí traballou como funcionario municipal e iniciou o seu labor periodístico colaborando en numerosos periódicos e revistas chegando a dirixir incluso os diarios La Mañana e El Noroeste. Foi un dos membros fundadores da Academia Galega, da que foi secretario e presidente desde 1926 a 1934.
A súa producción periodística reflíctese en varias publicacións en distintos periódicos. No suplemento cultural de El Noroeste publicou o artigo Na xuntanza está a forza e na forza está o trunfo. Como poeta escribiu obras como Folerpas (1894), Raza e terra (1922) e Oraciós campesiñas (1927). Con algunhas das súas composicións gañou algúns certames como Os orfos da emigración (Betanzos, 1887), Desperta (Tui, 1891), Sombras (Lugo, 1915), Paisaxes (Santiago, 1916), Malpocado e Alma de raza (Lugo, 1918). Tamén escribiu o Diccionario enciclopédico gallego-castellano no que traballou durante toda a súa vida. Foi publicado despois da súa morte entre 1958 e 1961.
Dedicóuselle o Día das Letras Galegas do ano 2001.