Carmen Bellas Vázquez


Categoría: Pintora
Data de Nacemento: En 1971
Lugar de Nacemento: As Pontes (A Coruña)

   Cultura
 Currículum

É licenciada en Belas Artes na especialidade de deseño e audiovisuais pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Universidade de Vigo (1990-95).

 Obras realizadas

EXPOSICIÓNS COLECTIVAS:
-1991: 'Poética do cotián', Teatro Principal de Pontevedra.
-1995: Primeira promoción de Belas Artes de Pontevedra.
-1996: 'I Mostra ARTXOVE', Casa da Cultura de Pontedeume - A Coruña.
-1997: 'II Mostra ARTXOVE' e 'ANACOS' (12 artistas galegos), Sala do 'Mercado Vello', As Pontes.
-1998: 'ANACOS II', As Pontes.
-1999: 'IV Mostra ARTXOVE'.
-2000: ARTXOVE, Sala do 'Mercado Vello', As Pontes e 'ANACOS'.
-2001: 'Sete miradas, sete', Casa da Cultura de San Sadurniño e 'Dez + Dez', Casa da Parra, Santiago de Compostela.
-2002: '676', Fundación Luis Seoane, A Coruña.
-2003: 'Grupo 20', Museo Provincial de Lugo.
-2004: I Certame de Pintura, Concello de Monforte de Lemos.

EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS:
-1992: 'Libertad', intervención no espazo natural na zona alta de Roupar - Lugo.
-1994: Intervención na praza Curros Enríquez. Pontevedra.
-2001: 'Blanco sobre Blanco', Casa da Cultura de San Sadurniño - A Coruña; exposición na Casa da Cultura de Valdoviño - A Coruña; exposición dentro do ciclo 'Irrupcións' no centro cultural Carvalho Calero de Ferrol e 'A Fábrica', Allariz.

Ademais, deseñou o catálogo ARTXOVE (2002), realizou a montaxe e deseño da presentación da obra fotográfica Manolo Vila (2003), colaborou co Estudio Efece Arquitectura no proxecto de zapatería infantil-xuvenil PIPO (2003-04) e participou na feira do debuxo e do gravado de Lugo (1998-99). Tamén deseña carteis, tarxetas, dípticos, bolsas, logotipos, rótulos, publicidade…

 Outros datos de interese

Foi a gañadora do Premio Marathón Fotográfico organizado polo Concello de As Pontes (1993), finalista no Certame de Pintura para Novos Artistas 'Una forma Donuts de ver el mundo' (1999), recibiu o 1º Premio do 'XIV Certame Galego de Artes Plásticas Xuventude 2000', organizado pola Consellería de Familia e ten obra seleccionada no V Certame de Arte 'Galería Burela'.
A súa obra figura no Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa, no Centro de Formación Ocupacional da C.I.G (As Pontes), no Museo de Gandarío, no Concello de Allariz, en Efece arquitectura e en coleccións particulares.