Víctor Corral Castro


Categoría: Escultor
Data de Nacemento: 14 de setembro de 1937 († 15 de decembro de 2021)
Lugar de Nacemento: Baamonde, Begonte (Lugo)

   Cultura
 Currículum

Empezou a facer esculturas no monte, coas rochas. Realizou estudios primarios e traballou no campo. Despois de dous anos de estudios na Escola de Artes na Coruña e outros dous na Escola da Lonxa de Barcelona, montou o seu primeiro taller en 1963. Tres anos máis tarde facía a súa primeira exposición na Cidade Condal. Despois dalgunhas exposicións en España e no estranxeiro, comezou a construí-la súa "Casa museo" en Baamonde, onde ten esculturas de pedra e bronce no xardín, e de madeira, marfil, bronce e miniaturas de luxo no interior. Na Igrexa de Baamonde hai un castaño centenario coa Virxe do Rosario tallada no interior (caben 4 persoas).

 Obras realizadas

Ademais dunha gran colección de esculturas que se encontran por todo o mundo e en mans de particulares, realizou máis de 20 monumentos en granito e bronce que se encontran en espacios naturais en Galicia e Zamora.

 Outros datos de interese

Victor Corral é fillo predilecto do Concello de Begonte.

Museo de Víctor Corral en Baamonde. Horario de visitas: 9.30-13.30 e 16.30-19.00.

Notas de prensa sobre o seu pasamento:

La Voz de Galicia, 14/12/2021.

La Voz de Galicia, 16/12/2021.

El Progreso, 16/12/2021.

La Voz de Galicia, 17/12/2021.

El Progreso, 17/12/2021 (1).

El Progreso, 17/12/2021 (2).

El Progreso, 18/12/2021 (1).

El Progreso, 18/12/2021 (2).

Esquela. El Progreso, 18/12/2021 (3).

El Progreso, 19/12/2021.