Antonio Benito Yebra de Ares


Categoría: Pintor e escritor
Data de Nacemento: 25 de abril de 1926 (†Novembro de 2012)
Lugar de Nacemento: Monterroso (Lugo)

   Cultura
 Obras realizadas

Como pintor realiza, entre outras: Exposicións individuais de pintura en A Coruña, Lugo, Vigo, Ferrol, Santiago de Compostela, Madrid, Valladolid... Exposicións colectivas en: París (Poscubista), Lugo... Realización dos carteis promocionais dos Camiños de Santiago para o Xacobeo 93 e o Xacobeo da fin do milenio (1999). Ilustracións para o libro Gran Cantata Xacobea. Realización por encargo de obra pictórica para os fondos de Caixa Galicia. Realización de numerosos carteis promocionais de festas, romarías...: Viño de Chantada, Augardente de Portomarín, Queixo de Monterroso... Como escritor publica, entre outras, as seguintes obras: Pazos y señoríos de la provincia de Lugo I, Pazos y señoríos de la provincia de Lugo II (ambos libros están presentes na Biblioteca Nacional de Washington). Os Xeitos de Hoxe (libro de poemas). Argalladas do pobo (cómic). Alcaldes e alcaldesas. El Condado de Monterroso: pasado y presente e Guía turística de Meira. Tamén é autor de numerosos artigos na prensa rexional.

 Outros datos de interese

Cronista oficial do Concello de Monterroso. Rúa dedicada ó seu nome no Concello de Monterroso.