Carlos Sobrino Buhígas


Categoría: Pintor
Data de Nacemento: 18 de marzo de 1885 (†4 de decembro de 1978)
Lugar de Nacemento: Pontevedra
 Currículum

Despois de titularse en Debuxo e Caligrafía en Madrid, instalouse definitivamente en Vigo, onde levou a cabo o seu labor docente na Escola de Comercio e na Escola de Artes e Oficios.

 Obras realizadas

Destacaron fundamentalmente as súas exposicións no Salón Iturrioz de Madrid (1913) e no estudio fotográfico de Sáez-Mon en Pontevedra (1917). Ademais, Carlos Sobrino destacou fundamentalmente como ilustrador de libros e carteis.

 Outros datos de interese

Carlos Sobrino obtivo a medalla de ouro da Exposición Rexional de Santiago en 1909, a terceira medalla na Exposición Nacional de Belas Artes en 1915, a terceira medalla na Exposición Internacional de Barcelona en 1911 e a segunda medalla na Exposición Universal de Panamá en 1916.