Carlos Gallardo Rodríguez


Pseudónimo:Carlos G. Roy
Categoría: Comunicador
Data de Nacemento: 15 de xullo de 1963
Lugar de Nacemento: Soria
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Cursou estudios de Psicoloxía en Salamanca. A súa vida profesional como xornalista comezou, como columnista e reporteiro, no diario Soria, Hogar e Pueblo no 1979. Tras permanecer tres anos neste periódico pasaría a colaborar con diferentes revistas culturais en Madrid. Entre 1983 e 1986 desenvolve a súa actividade profesional na sección de reportaxes do diario Canarias 7 nas Palmas. Desde esa fecha e ata 1991 volve a traballar como ?freelance? para diversos suplementos dominicais e revistas de información xeral, actividade que compatibiliza con colaboracións radiofónicas e a lectura de conferencias para diferentes organismos e institucións. Entre 1991 e 1994 presta os seus servicios como columnista e reporteiro para El Mundo na súa edición de Castela e León. En 1994 trasládase a vivir de xeito permanente a Galicia onde se fai cargo da corresponsalía de El Mundo en Pontevedra.

 Obras realizadas

Desde 1998 forma parte como redactor en Santiago do cadro de persoal deste mesmo diario, encargándose da información relativa ó sector primario (agricultura, gandería e pesca). Ademais, é columnista fixo en El Mundo de Galicia e fai as veces de Enviado Especial do periódico ó estranxeiro. Na actualidade ultima un volume de relatos, unha selección de artigos de opinión e unha novela para a súa inmediata publicación.